Páxinas

2007/02/27

De bicos doces a bocas acedas

E eu volvo en min arredando frías estatísticas e tento razoar que hai entre aquela primeira vez inicio xermolador de roces amantes e esta primeira vez final de alento de vida. Por que o empeño de converter aquelas bolboretas no estómago con te albiscar de lonxe no estarrecemento da alma ao te presentir perto? Por que mudar bicos doces por bocas acedas? Por que mancillar mans de seda en pulsos tercamente retortos? Por que denigrar a mutua compaña fiel en obxecto-posesión material en exclusiva? Por que sempre fica un agresor en presente e unha vítima en pasado? Un agresor en masculino e unha vítima en feminino.
Acordo e volvo ler, sempre para non esquecer, a voz preñada de realidade de Medos Romero:
Asinoute sombra de seu.
Este sería o teu único nome,
Sombra.
Por iso ao caer na rúa
aquela tarde,
sóubote en verdade
enteiramente súa.


Texto de Mercedes Queixas vía GZnación.
Fotografía de Iván Hidalgo.

3 comentários:

Anônimo disse...

Inconformismo asasino de quen non contento con posuirlle a alma decide un día beberlle a vida a golpes a aquela a quen houbo un tempo, do que xa non se lembra, amou sen condicións, sen posesión, sen cadeas.
Maldigo o inconformismo asasino, e fronte a él reivindico os bicos doces, as bolboretas ceives, as mans de seda

X disse...

Saúdos, patrieira, doulle a benvida ao blog.

gatina disse...

Cando o vermello pasión vólvese vermello sangue o amor deixa de ter sentido...