Páxinas

2007/02/13

Homes GG


Leo que en Alemaña e Inglaterra puxeron en marcha as "garderías para homes", uns locais que tentan recuperar o neno que hai dentro de cada home ofrecéndolle dúas cervexas, videoxogos, lecturas, películas, carreiras de coches, fútbol, etc. A idea é que mentres eles permanecen alí, as súas mulleres aproveiten o tempo indo de compras comodamente. A elas danlles un resgardo co nome del e a el póñenlle unha pulseriña co seu nome mentres agarda que o veñan buscar.
Non estaría mal que lles ofertasen tamén unhas aulas para aprender o Gugú, Gagá e acelerar un chisquiño a carreira cara ao encefalograma plano.
Aínda que alguén diría, e se os dous están dacordo, que ten de malo?
Fóra de tratar aos homes coma nenos, que en moitos casos é o que lles encanta, todo hai que dicilo, e de considerar ás mulleres unhas frívolas que só se dedican a ir de compras, que tamén é certo noutros tantos casos, o triste do asunto é a negación da opción "facer algo xuntos". Aínda que ollando ao redor creo que se as abrisen aquí había ver correr a máis de uns. En fin, que como diría a miña avoa, a culpa aínda non che había de ser toda deles.

3 comentários:

gatina disse...

Non che é toda deles, X, temos moita parte de culpa nesto. Pero é que aquí non pasa isto? Non lles poñerán pulseiriña, que so lles faltaba... pero onde tan os homes nos centros comerciais? Poucos andan da man da sua compañeira pasando tempo xuntos como ti dis. Si buscas un home nun sitio deses, sin dúbida ha de tar nunha cantina. Eso si, tampouco ás mulleres queren levalas con eles a un partido, por exemplo.

Anônimo disse...

curiosa forma de recuperar o neno que hai dentro dun. xogando a videoxogos, fútbol e carreiras de coches. que tristura que haxa que chegar a eses extremos...

Anônimo disse...

Menuda parvada de invento. Eu apóntome tamén ao de facer algo xuntos.