Páxinas

2007/02/27

Campaña de animación á lectura 08

[Paul Cadmus: Final Study for the House that Jack Built. 1987]

De bicos doces a bocas acedas

E eu volvo en min arredando frías estatísticas e tento razoar que hai entre aquela primeira vez inicio xermolador de roces amantes e esta primeira vez final de alento de vida. Por que o empeño de converter aquelas bolboretas no estómago con te albiscar de lonxe no estarrecemento da alma ao te presentir perto? Por que mudar bicos doces por bocas acedas? Por que mancillar mans de seda en pulsos tercamente retortos? Por que denigrar a mutua compaña fiel en obxecto-posesión material en exclusiva? Por que sempre fica un agresor en presente e unha vítima en pasado? Un agresor en masculino e unha vítima en feminino.
Acordo e volvo ler, sempre para non esquecer, a voz preñada de realidade de Medos Romero:
Asinoute sombra de seu.
Este sería o teu único nome,
Sombra.
Por iso ao caer na rúa
aquela tarde,
sóubote en verdade
enteiramente súa.


Texto de Mercedes Queixas vía GZnación.
Fotografía de Iván Hidalgo.

2007/02/23

Oleguer

Kelme rescindiu o contrato co futbolista a raíz do seu posicionamento público a favor de De Juana Chaos, vese que non incluíra a cláusula de secuestrar a súa liberdade de expresión. Non sei se será legal o que fixo Kelme, agora moi lícito non parece que sexa.
Hai voces que aínda os cartos non poden calar.
Fotografía de Jordi Cotrina.

Lendo a prensa


Ler a prensa arrodeada só polo chal, eu ollando o xornal e ti ollándome a min.

Campaña de animación á lectura 06

2007/02/21

Xustiza cega

O poder xudicial considera que o testemuño escrito dun home mediante diario persoal que acusa a outro de ter feito "listaxes de paseados" durante a guerra civil non ten ningunha credibilidade e atenta contra a honra do "presunto asasino".
Necesita o poder xudicial listaxes cotexadas pola administración da ditadura para poder demostrar que houbo paseados?
Os asasinos terían que ter asinado co seu nome e apelidos o corpo dos mortos?
Foi un ente extraño quen os paseou?
Unha vez máis, négase a evidencia, e a xustiza, cega, mira cara a outro lado.

Zilla Huma Usman

Zilla Huma Usman, ministra de benestar social de Paquistán e defensora dos dereitos das mulleres foi asasinada hoxe por un extremista islámico.
Vía Menéname.

Campaña de animación á lectura 04

[Paul Cadmus: Mozo limpando librería.]

Campaña de animación á lectura 03

[Botero: Muller cun libro. 1987]

2007/02/20

Wislawa Szymborska

DESPEDIDA DUNHA PAISAXE

Non lle reprocho á primavera
que chegue outra volta.
Non me queixo de que cumpra
coma todos os anos
coas súas obrigas.

Comprendo que a miña saudade
non vai frear a herba.
Se os talos vacilan
vai ser só polo vento.

Non me causa dor
que os soutos de ameneiros
recuperen o seu murmurio.

Non podo senón decatarme
de que, como se vivises,
a beira de certo lago
é tan fermosa como era.

Non lle gardo rancor
á ollada pola vista
dunha baía refulxente.

Mesmo podo imaxinar
ca outros, non nós,
están sentados arestora
sobre o bidueiro derrubado.

Respecto o seu dereito
a riren, a borboriñaren
e a ficaren felices en silencio.

Supoño aínda
que os une o amor
e que el a apreixa a ela
con brazos cheos de vida.

Algo novo, coma un trilo,
principia a gorgolexar entre os xuncos.
Deséxolles con sinceridade
que o escoiten.

No lle esixo ningún cambio
das ondas á beira,
lixeiras ou preguiceiras,
mais nunca obedientes.
Nada lles pido
ás augas xunta o bosque,
ás veces esmeralda,
ás veces zafiro,
ás veces negras.

Unha cousa non acepto.
Volver a ese lugar.
Renuncio ao privilexio
da presenza.
Sobrevivinte abondo
como para lembrar desde lonxe.

[Wislawa Szymborska: Fin e comezo. 1993]

2007/02/19

D & G


Pobre José


Atopo o seguinte nunha noticia sobre o éxito dos aneis vibradores de Durex na capital:

"También ellos buscan nuevas técnicas para mejorar las relaciones sexuales, aunque son muchos los que todavía utilizan métodos tradicionales. José comenta que "no sabía que existía el anillo. Tendremos que ir a un sex shop", bromea con su mujer. Pilar, su esposa, asegura que "a nuestra edad (40 años) todavía no nos hace falta ningún aparatillo", comenta riendo."

Pilar, querida, os xoguetes sexuais non son como a Viagra, á vosa idade...
José, querido, creo que vai ser que non.

Vía El Correo Gallego vía Chuza.

Campaña de animación á lectura 02


2007/02/18

Despedidas

De vínculo en vínculo remato aquí. Moitas delas son aproveitables, outras só se deben aplicar en casos nos que teñas a certeza de non querer volver ter ningún contacto con esa persoa. En caso de dúbida aplicar a número 61 (recoméndase no caso dos homes substituír "lagarta" por expresións alternativas).
[Ilustración de Marina Seoane.]

2007/02/15

Esquecer

Podías ter deixado unha nota, eu chegaría, veríaa...
Tardei un cigarro en decatarme de como perderas toda a elegancia nesa mensaxe infantil e covarde no contestador.
Nin sequera experimentaches o requintado pracer da despedida que tanto che gusta.
Quédanche as chaves enriba do aparador.
[Fangoria: Las ventajas de olvidar]

2007/02/13

Denuncia do historiador Dionisio Pereira

A familia (residente en Pontevedra) do antigo alcalde de Cerdedo (dende 1950) e xefe local de Falange nos días que seguiron ao golpe militar, Manuel Gutiérrez Torres, familia que tamén está emparentada con outro falanxista de primeira hora, Francisco Nieto, tenme presentado unha demanda de conciliación que se verá o día 15 de febreiro ás 11h no Xulgado de Paz de Cerdedo, por publicar no libro "A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo" editado en 2006 por "Verbo Xido" a seguinte frase: "Persoas sinaladas pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel, Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)...." Tamén o fan por unha frase semellante publicada no meu traballo incluído nas Actas do Congreso da Memoria celebrado en Narón en decembro de 2003. Esixen que me retracte, que publique esa retractación nos mesmos medios nos que foron escritas as frases devanditas e que acepte unha indemnización polos danos e perxuízos sufridos, "en la cuantía que se determinará en el momento procesal oportuno". Como é evidente, eu nin podo nin quero retractarme, posto que esas persoas foron sinaladas por numerosas fontes orais como participantes nunha represión na que se pasearon a 7 veciños, houbo malleiras, multas, roubos, detencións e humillacións se taxa, etc. etc. Non podo, pois, por que non podo faltar á verdade, e porque tamén está en xogo a dignidade das vítimas. O problema é que só teño fontes orais, posto que como sabedes, os paseos, as malleiras, os roubos, etc. non teñen a penas referencias documentais (só en casos moi excepcionais) e ficaron impunes. Ademáis, eu non utilizarei nunca as miñas fontes orais como testemuñas nun xuízo, porque non podo implicar nesa situación tan desagradable a persoas de máis de 80 anos, que confiaron en min e que xa saben o que foi a represión fascista porque aturaron con ela na súa mocidade. Algúns, ademáis, son familiares directos dos asasinados. En conclusión, está en xogo a liberdade de expresión e o mantemento "per secula seculorum" da impunidade dos agresores, asumida hoxendía polos seus descendentes. A maiores, aqueles que se beneficiaron do franquismo, pretenden seguir facéndoo en retrospectiva. Entendo, pois, que isto sobarda a cuestión persoal, e debera ser tomado en conta xunto con outros "incidentes" similares que están a acontecer (no Grove e en Cambados, por exemplo), por todas aquelas persoas e entidades que vimos traballando na recuperación da memoria da represión franquista, e, se é posíbel, darlles unha resposta colectiva. Por algunhas informacións, me consta que a familia en cuestión tivo presións externas, non sei de quén, pero posibelmente de círculos da dereita, para presentar a demanda. Polo tanto, se temos en conta as ameazas que comezan a proliferar, podemos estar no comezo dunha estratexia para cortar as actividades de historiadores e colectivos debruzados nesta temática, aproveitando os innegables trazos conservadores (por utilizar unha expresión suave) do aparato xudicial: daqueles polvos da Transición, veñen estes lodos. Podedes facer uso desta información da maneira que creas máis convinte. Envíovos tamén un comunicado que fixo a directiva da asociación "Verbo Xido" por se queredes adheriros: trataríase de envialo rápidamente á prensa co maior apoio posíbel de colectivos e persoas. En calquera caso, nós estamos polo labor de facer algo conxuntamente. Outra cousa: o domingo 18 a partir das 12h ate as 17 h. a Asociación de Mulleres "Espadela" celebra no Pavillón de Deportes Municipal a VIIª Festa da Vincha. Pois ben, convidaron a "Verbo Xido" a que puxeramos un posto de libros de autores da bisbarra; daquela, aproveitando o convite, imos facer unha venda masiva do libro en cuestión. Como pode haber rexeites por parte dalgún elemento montaraz da potente dereita local, estamos facendo un chamamento aos amig@s e correlixionari@s a que nos fagan unha visita, tomen un viño, proben a vincha, e nos arroupen coa súa presenza e impidan que haxa ningunha saída de tono dos carcas. Así que xa sabedes, se vos animades a vir pola montaña..... E máis nada. A ver en que queda todo isto. Saúde Dionísio Pereira

Besbellinha

PARABÉNS!!!

Homes GG


Leo que en Alemaña e Inglaterra puxeron en marcha as "garderías para homes", uns locais que tentan recuperar o neno que hai dentro de cada home ofrecéndolle dúas cervexas, videoxogos, lecturas, películas, carreiras de coches, fútbol, etc. A idea é que mentres eles permanecen alí, as súas mulleres aproveiten o tempo indo de compras comodamente. A elas danlles un resgardo co nome del e a el póñenlle unha pulseriña co seu nome mentres agarda que o veñan buscar.
Non estaría mal que lles ofertasen tamén unhas aulas para aprender o Gugú, Gagá e acelerar un chisquiño a carreira cara ao encefalograma plano.
Aínda que alguén diría, e se os dous están dacordo, que ten de malo?
Fóra de tratar aos homes coma nenos, que en moitos casos é o que lles encanta, todo hai que dicilo, e de considerar ás mulleres unhas frívolas que só se dedican a ir de compras, que tamén é certo noutros tantos casos, o triste do asunto é a negación da opción "facer algo xuntos". Aínda que ollando ao redor creo que se as abrisen aquí había ver correr a máis de uns. En fin, que como diría a miña avoa, a culpa aínda non che había de ser toda deles.

2007/02/12

Lupeazul





Para Lupeazul no seu aniversario, porque todas as nenas deberían ter unha tía coma ela que as agasallase con Querida Uxía.

2007/02/11

Pois foi sim

O xesto

Bernardo Atxaga maniféstase sorprendido porque neses meses [refírese aos meses da tregua de ETA] o presidente do Goberno español "non fixese un xesto" como o de "achegar os presos ó País Vasco". Ese xesto "valería ouro e que non o fixese demostra a ignorancia dos políticos sobre a alma humana e a situación do País Vasco".
Vía Galicia Hoxe.

2007/02/09

Man Ray

Man Ray, 'Le Violon d'Ingres', 1924

Todas as selvas agachan tesouros do pasado.
[Esta entrada foi creada o dous de xuño de 2006]

2007/02/08

A primeira vez

Comezo o día así:

"Y me voy a buscar el primer beso que te di, [...] a sentirme como la primera vez."

2007/02/07

Desganada

Hai vinte e nove borradores de post pero non teño ganas, estou cansa, só quero ir durmir pensando en que me abrazas.

2007/02/06

#ti


/join #ti
e non había ninguén

Fotografía: Close to heaven by Simon Pais.

2007/02/05

Non hai barco para ti

"Aquí has rematar, non agardes nada mellor.
Non hai barco para ti, non hai camiño."
Kavafis
Fotografía de krc krc.

Pamuk

Publico o post, dou unha volta por unha cafetaría-libraría, leo o de Pamuk e síntome tremendamente ridícula e frívola.

2007/02/04

Deberes pendentes

Hai uns días Kaplan convidábame a indicar tres motivos polos que me exiliaría de España. Este xogo aparentemente sinxelo ao final resulto non ser tan simple, o caso é que velaí van os tres motivos polos que me exiliaría de Galicia que é a onde pertenzo:
1) Porque non aturo esta situación de conflito lingüístico que cada vez me causa máis sufrimento e frustración.
2)Pola pouca querencia do propio dos seus habitantes, actitude que adoita ir unida a un certo papanatismo acomplexado. Xa o di o refraneiro: "A vaca da miña veciña sempre dá máis leite cá miña".
3) Pola falta de responsabilidade, de compromiso, ao final mesmo falta de ilusión que te atopas nas diferentes facetas da vida da xente e que o vai tinguindo todo de gris. Realmente esta terceira razón supoño que sería tamén válida para me exiliar de moitos outros sitios.
(Deberes feitos, non esqueza apuntarme o positivo no caderno de notas.)

O sabio

Onde foi dar o sabio?

Fotografía Nude man sitting on chair frusterated by eez your mind.

2007/02/02

Marta Pereyra

Vou visitar a unha das miñas fotobloggers máis admiradas e encontro que cambiou de casa. Deséxolle a Marta Pereyra un futuro próspero e fermoso na súa nova páxina dentro dos blogs de El País.
(A fotografía, por suposto, é dela)

2007/02/01

Ibarretxe

Onte estiven coa liberdade e a xustiza, por iso onte estiven contigo e non cos que xulgaban a túa forma de buscar un futuro en paz para o teu pobo.

Antidote

Unha delicia o vídeo, gustaríame ulirte con el.