Páxinas

2007/05/09

Situacións embarazosas


1. Atoparte con algún vello coñecido, saber todo del menos o seu maldito nome que o tes na punta da lingua pero non quere saír, mentres non para de chamarte polo teu nome para que aínda te sintas peor.
2. Estar vendo fotos cunha nova parella no sofá e que caia unha foto dalgún outro amor do que non tes ningunha gana de falar.
3. Descubrir que os contadores de páxinas poden rastrexar os usuarios e indicar que estiveron vendo, durante canto tempo, cantas veces, etc.
4. Levar á túa nova parella a un lugar fetiche para ti e que che diga que xa estivo alí con outra persoa facendo o mesmo.
5. Que che digan, estivo ben, quizais poderiamos repetir... algunha vez.
6. Descubrir que cando no blogger borras un comentario mantén a túa identidade e o que puxeras erradamente xa ten sido enviado ao propietari@ do blog en cuestión.
7. Chegar con flores e provocarlle unha alerxia.
8. Ir recoller o coche ao taller, que che pregunten a matrícula para entregarcho e facerche a factura e ter que confesar que non a sabes. Iso si, moi digna ti, porque tampouco é cuestión darlles o gustazo ao do taller e ao cliente seguinte neses sorrisos cómplices de "muller tiña que ser".
9. Que se poña o semáforo en verde, que che dean un señor pitazo, que lle pites ti tamén, que vaian en paralelo ata o semáforo seguinte mirándote como feras salvaxes, que che baixen o cristal e che digan que non podes virar, e ti que si, e eles que non, e ti que si, e eles que non, que se o saberás ti, e pensas o agresiva e maleducada que se pon a xente ao volante, e tres días máis tarde vas relaxada, sen tráfico ningún, vendo a paisaxe, e descobres que a algún lucido funcionario de urbanismo se lle ocorreu despois de non sei cantos anos poñer un sinal de que ese carril é só para seguir recto.
10. Dicir que Karen Blixen é a túa heroína de ficción.

11 comentários:

Anônimo disse...

Non se torture tanto X, salvo o de levar flores e provocar alerxia (a saúde é o primeiro) o resto... ¡e a min que!

fisiologus disse...

todo esto son espacios comunes, ya sabes. llevaba tiempo sin leerte pero compruebo que vuelves por tus fueros y me gusta. al cuestionario no sé si podré responder: tengo cierta pereza a la traducción pero ya veremos. saludos.

Anônimo disse...

xenial o último: andaba eu a dar-lle voltas na cabeza a como vde. ía solucionar o da blixen, pero vexo que saiu incólume :-D

X disse...

Aínda me estou rindo coa súa análise señor Kaplan :D

X disse...

Fisiólogus a tradución é innecesaria, coas súas respostas abondará. Alégrame que volva a visitarme.

X disse...

Doutora, o de a min que! é algo que me custa moito aplicar, pero procurarei traballar esa terapia seguindo o seu consello autorizado.

Anônimo disse...

Pois agora acábasme de poñerme a min nunha situación semellante: "Xa tiveches que facer de sabichona unha vez máis". Pido desculpas, pero teño case a súa obra completa e non me puiden reprimir. ;)

Anônimo disse...

Do que citas, o 1 pásame con certa frecuencia e dáme unha rabia...

Anônimo disse...

Hehe... Para algúns desastres da natureza como a que suscribe a listaxe pode aumentar: preguntar por alguén xa falecido (todo un clásico) ou unha parella que xa non o é (e que deixou no estado máis fondamente depresivo ao interlocutor en cuestión); saudar de xeito efusivo a alguén que non corresponde co mesmo feeling (os dobles perfectos existían antes da clonación!!) ou chamarlle o teu novo xefe co alcume cariñoso e doméstico da túa parella (!!). Ademais, claro está, da longuísima confirmación das leis de murphy nas súas diferentes versións... Pense, prezada X, que se houbese un post sobre honrosas saídas a situacións embarazosas o punto 10 da túa listaxe levaría premio :-)
Ademais, moitos crean un personaxe de si mesmo, ou??

X disse...

Peke, de sabichona nada, as cousas cando son, son, ademais, así ofréceme a posibilidade de poder rectificar, doutro xeito quedaría para a posteridade a miña metedura de zoca :)
Grazas polo apoio moral Alfama :D

Beluka disse...

canta razón! eu témolles ás flores... teño que deixar claras as alerxias á xente antes de que metan a gamba... jeje