"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2019/06/01
Cumprindo 13
Disque a comparativa entre a idade dun can e a dunha persoa é de 7 a 1. Cal ha de ser a relación da idade dun blog?
A Selva cumpre 13 anos porque si, porque me peta e porque non me dá a gana de pechala aínda que nos últimos anos sexa unha doente en estado crítico que se nega a morrer polas boas.
E hoxe para celebralo voute levar de novo á mesma ventá do mesmo cuarto do mesmo hotel para poder ver o solpor dende a cama mentres te cravas en min e logo brindar porque a adicción permaneza.
2018/07/13
Foi ver este vídeo e saber que tiña que volver á Selva.
2018/05/19
A informacion do ollo humano
Leo a Oko:
"o ollo humano é quen de procesar un fluxo de información unhas dez veces superior ao resto dos sentidos á vez"
máis que o olfactomáis que o gusto
máis que o oído
máis que o tacto
...
Por iso ás veces preciso cerrar os ollos para sentir só a información...
que me dá o tacto para atopar ás apalpadelas os camiños do desexo,
só a que me dá o gusto para gorentar a túa suor,
só a que me dá o olfacto para ventar o teu sexo,
e só a que me dá o oído para acompasar o meu corpo ao teu alasar debaixo de min.
DSXT
2018/02/02
Cando o corazón manda
O momento tantas veces previsto, imaxinado, planificado, a
caixa arrastrándose á súa derradeira misión, minutos escasos en que o operario
do lugar provisto de pistola de silicona sela a tampa estendendo a súa escuma de
pasteleiro, e ese rascar da paleta que se che mete polos
oídos. Unha punzada aguda na gorxa que afoga, que doe, vista ao ceo e ti que non
queres, que non, que non había ser así, pero todo pasa por diante dos ollos que
loitan contra as bágoas porque ao final, o corazón manda, a vida foi moi longa e antes da ruptura
houbo bos momentos imperecedoiros que sempre han estar aí porque, maldita
sexa!, eu tamén te quixen.
2017/03/16
Escribirte
Hoxe gustaríame inaugurar o meu corpo co teu nome,
mais como escribirte sen que a miña boca teña as túas letras.
2016/11/18
Sensitivo goce
X
XXIV
"podo coñecer fácil a perfección da escrita,
a exactitude no uso das palabras gastadas
pola literatura de centos de escritores
que xa cantaron versos de amor e desamor
pero nada no mundo retrata nos meus ollos
o sensitivo goce da harmonía dos breves
momentos onde tremo coa túa inmensidade."
(fragmento)
Miro Villar: Abecedario da desolación, 1997.
2016/11/17
Mañá continuaremos a partida
I’m your man
If you want a lover
I’ll do anything you ask me to
And if you want another kind of love
I’ll wear a mask for you
Oh Leonard, fuches todos os amantes nun único amante, décheslle novas dimensións ao noso xogo favorito e fixéchesme crer que me escribías só a min. Noutrora, cando fai dez anos criamos que paseabas por esta selva, a túa voz serviu para iluminares a aqueles que duraron moito menos ca ti, ignorantes uns, torpes outros, noite tras noite deixaban que foses ti o que ficaba na cama borboriñando na miña orella ata a madrugada. Agarda por min, mañá continuaremos a partida.
If you want a lover
I’ll do anything you ask me to
And if you want another kind of love
I’ll wear a mask for you
Oh Leonard, fuches todos os amantes nun único amante, décheslle novas dimensións ao noso xogo favorito e fixéchesme crer que me escribías só a min. Noutrora, cando fai dez anos criamos que paseabas por esta selva, a túa voz serviu para iluminares a aqueles que duraron moito menos ca ti, ignorantes uns, torpes outros, noite tras noite deixaban que foses ti o que ficaba na cama borboriñando na miña orella ata a madrugada. Agarda por min, mañá continuaremos a partida.
2016/11/04
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)