
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2008/11/08
2008/11/06
Praceres cotiáns confesables

- Perfumarme polas mañás e cada vez que saio da casa.
- Atopar a foto perfecta para un post, dar con esa que xusto estabas imaxinando.
- Ordenar a miña mesa de traballo (que sempre está revolta).
- Chegar á Selva e ver que houbo visitas.
- A visión e olor do cuarto de baño despois de limpalo.
- Botarme no sofá cun edredón ou directamente na cama e poñer no dvd unha peli "desas".
2008/11/05
Cea Homenaxe a Marcos Valcárcel
SÁBADO, 29 de NOVEMBRO de 2008, ás 21:00 horas
Ourense, Restaurante San Miguel
Intevirán persoas representativas da cultura galega de todo o país e amigos do homenaxeado.
Para máis información e reservas: homenaxeamarcos@gmail.com
Barack Obama presidente
Esta noite USA berrou Yes We Can e deulle maioritariamente a confianza a este home novo e negro para habitar esa casa tan branca. Asemade Obama tamén é noso, depositamos nel as nosas esperanzas de conseguir un planeta mellor.
É moito pedir? Si.
Pero... HE CAN.
É moito pedir? Si.
Pero... HE CAN.
2008/11/04
Novo príncipe
Fogos artificiais, orixinalmente cargada por alekspression.
Hoxe H. xa estaba farto de ser transportado na barrigola de súa nai e decidiu abandonala tres semanas antes do previsto.
Antes da medianoite, sen atender á medicina nin á lúa, o meu novo sobriño nacía para emoción e alegría de todos.
Saúde e fortuna para o noso novo príncipe.
2008/11/03
2008/11/02
Que non cale, que fale

Oféndeme tanto papanatismo monárquico, os medios sementan tal Alzheimer social que de aquí a nada a poboación non vai lembrar máis aló do que aconteceu a fin de semana pasada nas carreiras. Xa esquecemos que a presenza destes monarcas nas nosas vidas obedece á vontade dun ditador de extrema dereita? Xa se nos borrou da mente que Juan Carlos está onde está porque aceptou o réxime franquista enfrontándose ao seu propio pai?
Non, non, que a raíña fale, que fale, que exprese as súas ideas:
- Non ao matrimonio de homosexuais e lesbianas.
- Non ao aborto.
- Non a informar sobre a violencia machista.
- Non á eutanasia.
- Si á relixión nos colexios.
Que fale, que así me permite manter argumentadamente que, por todo o anterior, non creo que deba/poida representarme en ningún foro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)