Este día de chuvia trae a triste noticia da morte de Marcelino Camacho, home co que non coincidín xeracionamente, foi porén unha figura que sempre me transmitiu boas vibracións.
Na manifestación do 1 de maio de 1979 (aparecen con el na foto, entre outros, Nicolás Redondo, Tierno Galván e Santiago Carrillo). |
Como do seu labor sindical, xa se ha de falar moito noutros lugares, quero traer á Selva outro perfil del, o debuxado por Josefina Samper, esposa e compañeira de Marcelino Camacho, en 1985, que nun programa de radio falaba del nestes termos (na entrevista tamén o podemos escoitar contando as súas vivencias familiares):
E unha pensa, como muller, e con todo o respecto do mundo, que tamén a esquerda durante longo tempo foi un terrero ermo para mulleres. A moitas delas tocoulles o papel de seren outra caste de viúvas de vivos, xa non as dos emigrados, senón as dos presos, que non detrás, senón, cabo deles, tamén deberían compartir a gloria da memoria histórica.
E como o destino non deixa de ser por veces caprichoso e ata tenro, quixo que a última foto de de Marcelino Camacho en vida fose co seu partenaire na loita sindical española, Nicolás Redondo.
Vaian as miñas palabras na honra deste home, desde o firme convencemento de que sen el, moit@s traballador@s terían tido unha peor existencia.
O meu pésame para a súa xente e para CCOO.
4 comentários:
"Me gusta".
Xúntome contigo
Non digo máis, pero 50 coma el entre os que nos gobernan e o mundo con certeza era outra cousa.
Eoooooo. Seica deixaron o teu "muiño" fóra do concurso eólico?...
Postar um comentário