O señor Francisco Castro ingresa hoxe no club do número máxico para un home, os 44, desde a Selva todos os parabéns e o desexo de que goce deles plenamente.
Para os demais, unha recomendación, léano, nos seus libros, no seu blog, onde o atopen, léano e tamén gozarán.
4 comentários:
Leo o seu blog, escoito os seus audios, [cando funcionan]
e pasarei a felicitadlo,
pero sinto certa curiosidade:
por que dí vostede que
44
é un número máxico?
e por que para un HOME?
Moitísimas grazas. Síntome honrado diante de felicitación tan especial. Un beixo xigante.
Zeltia, élle unha parvada miña, os homes entre 40 e 50 son os que me resultan máis atractivos, teñen a sabedoría dos anos e aínda conservan a frescura da xuventude. E por que os 44 e non os 43 ou os 47? Pois porque 4+4 son 8, e o 8 é o meu número preferido. Xa ve, unha chorrada!
Espero que se dea por respondida.
Náufrago, a honra é miña, foi un pracer rebuscar entre os vídeos de Sabina algún que lle acaese.
Saúdos aos dous.
O primeiro disco de Sabina que merquei era o LP no que estaba esa canción. Daquela, dobremente obrigado. Estou feliz de ter 44 e de ter agasallos tan lindos de alguén tan interesante.
Postar um comentário