Páxinas

2010/12/12

44 días de ausencia


Si, 44 días de ausencia, nunca tanto, esta vez foi diferente, non abandonei só a Selva, abandoneinos a todos. Doutras veces aparecía un sentimento de culpabilidade extraño, sentíame responsable de que a Selva gozase de boa saúde, coma quen coida unha planta ou un animal, debe ser que sigo sen estar preparada para coidar de ningún ser vivo. Desta volta foi diferente, nada de culpabilidades nin responsabilidades frustradas, volvín hoxe, o día en que espertei e sentín ganas de teclear de novo aquí.
Vin unhas cantas pelis, con bastante mala puntería na elección:
Lope (6)
Chegou o inverno, pasei frío por non saber poñer en marcha un supermoderno sistema de calefacción. Anticipeime a el e reencontreime cos amigos e coa familia e despois de moito tempo, estiven a gusto. Si, seino, chego adobiada de Nadal tendendo a merengosa pero non me importa, non estou disposta a que ninguén me amole as festas. Saúdos.

9 comentários:

Kaplan disse...

En Ithaca desde logo botámola moitas veces en falta. Pero en fin, o bon das longas ausencias é a alegría do reencontro.
Benvinda.

Chousa da Alcandra disse...

Quédome tamén coa ledicia do retorno.
Un pracer ver o X novamente con vida.

E xa que regresas polo Nadal...comerémoste!!!

zeltia disse...

Vale, vostede non está disposta a que ninguén lle amole as festas, pero vén vostede cunha munición pastelosa de "vuelve a casa por navidá",
sin advertencia de contido nin nada,
que cos nervios xa non lle atopaba o "pause" ao vídeo!

saberá que hai xente traumatizada de antiguo, que non leva nada ben estas festas, e os que estades imbuídos do espíritu navideño deberiades ter algo de consideración

:(

peke disse...

POis goce delas, X. :)

Chousa da Alcandra disse...

Déixate de landainas, Zeltia; e roubémoslle os cortinóns laterais á Selva para facernos uns traxes de Noeles. Fai?
:-)

L.Q.B. disse...

Bem por ti ;)

Aldabra disse...

importa mais a volta que o tempo que non estiveches.

o sábado vín Mis tardes con Margueritte e foi unha ledicia, vexo que ti tamén a puntúas ben.

biquiños merengados.

Kaplan disse...

Feliz nadal, señora Guadiana, sempre esperamos que volte (sobre todo nestas datas)

X disse...

E pensar que xa rematou todo :(