Noiteboa e nadal transcorreron segundo o previsto, sucedéronse sen pausa gástrica ceas e xantares que gozamos gulosos botando en falta só o aroma e o sabor do tabaco para as sobremesas.
Mañá toca compras onde haberá que decidir se unha se deixa tentar polo atractivo mundo das marcas ou aplica o autogabinete de crise de recorte radical.
8 comentários:
Pronóstico: o autogabinete monopolizará todo ese tempo mental pero acabaráse impoñendo o atractivo mundo das marcas, tan morno e lascivo él.
O radical tamén pode ser atractivo.
Xa é coñecido o dito: valorar, comparar e...decidir.
Coa imaxe que nos deixaches ¿qué estás pensando en comprar? Xa nos contarás que teño moita cuirosidade… je je je.
¡Vaia tamaño que ten!... a bolsa, non sexas mal pensada.
Biquiños.
pobre home,
aí esposto ao aire, cos seus abdominais, seus biceps e tríceps, ese pobre falo teso, que ainda o vai coller o frío.
unha lástima
eu teño claro que non vou mercar nada, [ou case]
e como non fumo despois de comer (fará 11 anos o dia 1)
teño poucos problemas [dese tipo]
pero sí teño bos desexos de aninovo para ti.
Eu despois desta imaxe teño todo distorsionado, deixarei o de mercar para outro momentiño, agora voume recrear.
Saudos
Homo erectus após a compra mostrando a visa para cobro. A ver se o 15 de xaneiro mostra tamaña alegría.
Feliz 2011.
Bico Dona, mirámonos no blogomillo no 2011...(erectus ou post-erectus).
Xa sabe que no tema das compras todo o mundo ten algo que dicir ;)
Postar um comentário