Páxinas

2009/11/17

A gata sobre o tellado de cinc

No soto, rodeados de cousas mercadas nunha viaxe a Europa.

- Por que deixaches que mamá mercase todas estas cousas?

- O animal humano é unha besta que algún día ten que morrer e se ten cartos todo se lle volve mercar, mercar e mercar. A razón de que compre todo o que poida só obedece á absurda esperanza de que algo do que compra ha de durar eternamente, e iso é imposible.

(Por máis que se queira non se pode forzar o que un non sente.)

Clasificación selvática: 9 (Para lembrar, para volver a ver, para gozar diante da pantalla)

3 comentários:

Kaplan disse...

Gústame todo nesa película, todo: mesmo as vellas voces da dobraxe española (gústame ás veces pechar os ollos e escoitar esas voces)

vakastolas disse...

Xa me están entrando ganiñas de volver a vela. Grazas por removelas.

Anônimo disse...

Kaplan, supoño que non o dirá polas odiosas voces dos nenos. Si, esta peli é toda unha lección de vida.
Vakastolas, anímese, a min prestoume.
Saúdos.

X