Páxinas

2009/11/15

Actualización 9.11

No último mes e medio o abandono da Selva é evidente, e a cousa xa viña de antes. Neste período só dúas entradas feitas truncadas por Blogger no momento da súa publicación que me fixeron renegar de todo. Si, xa sei, son das que aínda non aprenderon que as entradas primeiro se fan no ordenador e logo se soben, que se lle vai facer!
A vida fóra da Selva corre vertixinosa e novos proxectos, quizais máis dos que poida asumir, fagocitan todas as miñas forzas pero é que me encantan e non sei dicir que non. Necesitaría unha temporada de repouso e Selva retirada do mundanal ruído e da superabsorvente Rede, quizais despois do Nadal.
É como se de súpeto estes corenta, ah claro, que aínda non o dixen, desde hai uns meses abandonei definitivamente a miña condición de chica de trinta e tantos e pasei á de muller corentona. Ao que ía, é como se de súpeto estes corenta me fixesen ver que hai moitísimo por facer e pouco tempo. Si, é unha mala aposta, pero aínda que teña unha mala man neste momento non podo parar a partida.
Vou ver se aínda conseguise durmir un chisco máis.

8 comentários:

Kaplan disse...

Bótoa de menos.
Ao mellor, se refundase a Selva e empezase de 0... (logo sempre podería incorporar o que lle parecese necesario)
Saudos saudosos

X disse...

Pois non lle digo que non, ao mellor é unha moi boa idea. Saúdos señor Kaplan e grazas. Saúdos.

fisiologus disse...

algo de todo esto me suena. saludos.

mencía disse...

Pois benvida a esa idade fermosa de "coarentañera", e que non sei porqué primeiro una é quinceañera... e así ata que chega aos coarenta e de súpeto, aí vai, cuarentona! co mal que sona iso, ata parece que se volve un mais mal@.
Tes razón, esto da rede é moi absorvente, require moito tempo e as veces faise difícil atender a tantas cousas.
Apertas.

Beluka disse...

Felices corenta! Pero non nos abandones, oh... :)
Apertas!

X disse...

Fisiólogus, canto tempo! que alegría! Confésoo, tíveno un pouco abandonado. Xa lin, en fin, non puiden evitar sentir mágoa aínda que vostede o describise coa mesma naturalidade coa que se desencontraba e encontraba con el. Realmente desde que comecei co lector de sementes fíxose todo demasiado e teño abandonado visitar eses tobiños todos que tanto me gustan.
Si Mencía, é como que te volves máis mala, e comeza a saír un pelo rebelde así ao lado do queixo como o da tía de Balbino.
Beluka grazas, non sei o que farei pero non teño ganas de marchar, outra cousa sería pasar a estar "Fóra da Selva", estouno barallando.
Saúdos a tod@s.

Anônimo disse...

A min dáme unha corentona e que queden outros coas vinteaneiras!

X disse...

Vale, anónimo, tereino en conta en caso de necesidade ;)