Páxinas

2008/11/30

Concerto de Paco Ibáñez

Mentres outros comezan a escoitalo, eu aquí miro para a entrada sen rachar e penso que vou facer con ela.
Quizais o fado estea en que nunca o vexa diante e non será que eu non fixen por lle levar a contraria, compra por adiantado, reserva do día para non ocupalo con asuntos doutra índole, pero xa o dixo Filipe II: Enviei as miñas naves loitar contra os homes, non contra os elementos.

5 comentários:

Anônimo disse...

vaia, que lástima que non foi: mañá espero facer a (breve) crónica. agora vou para a cama que é tarde e mañá madrugo

D.Rambaut disse...

Podo gardarlle un cartel e cantarlle se compre un anaco de "Que ocorre na terra", pero só un anaquiño que teño voz augardentosa e non é plan.

Daniel

Ra disse...

Felipe, qué tío. Qué gran frase... qué se le va a hacer, X... que, qué, que... le acompaño en el sentimiento, sea cual sea ;)

X disse...

Kaplan, ten unha débeda.
D. Rambaut non force a gorxa, non fai falta tanto sacrificio.
Ra, grazas polo apoio.
Saúdos aos tres.

R.R. disse...

Ohhhh... Síntollo ben, meu home. Enmarque a entrada, métaa no disco do Olimpia, eu qué sei, pero pense que eses momentos nos que facía plans para ir escoitalo foron deliciosos e se cadra o concerto estivo regulán...

O destino élle así. A min deparoume non ver nunca ós Beatles. (No meu caso os elementos foron os meus pais, que me fabricaron tarde).