Por fin choveu, xa se respira algo de frescura no aire. Os días van pasando practicamente iguais. A saída da fin de semana rompeu a monotonía e deixoume os sons de Julieta Venegas e friaxe nas costas. Estou preguiceira. O río sábeme a pouco e as montañas cada vez parecen máis altas.
Monotonía
Séguelle un día monótono a outro tamén
monótono, idéntico. As mesmas
cousas van ocorrer de novo, unha vez e outra,
as mesmas circunstancias tómannos e déixannos.
A un mes séguelle outro mes igual.
O que ha de vir adivíñase sen dificultade;
han de ser as mesmas cousas de onte.
E o mañá nunca semella ese mañá.
Monotonía
Séguelle un día monótono a outro tamén
monótono, idéntico. As mesmas
cousas van ocorrer de novo, unha vez e outra,
as mesmas circunstancias tómannos e déixannos.
A un mes séguelle outro mes igual.
O que ha de vir adivíñase sen dificultade;
han de ser as mesmas cousas de onte.
E o mañá nunca semella ese mañá.
4 comentários:
¡Vaites ¡¡¡¡
Compartillamos praza e "esceario" ;-))
Daniel
pd: e que as montañas te parezan cada día máis altas debería ser bon. A "natureza" da montaña é ser MOI, MOI ALTA... en canto o río seguro que está "salvaxe" e poderoso pero ainda non lle ve ese lado.
Bicos mil e ánimo.
O mesmo digo: bicos mil e ánimo.
non te fíes da monotonía, debaixo das súas saias rebole todo un mundo e de socato, cando cres que todo é repetición, chega heráclito e faiche lembrar que nada permanece.
Non sei por que ata hoxe non vin estes comentarios, debinme despistar.
Toxomar, aproveito para lle dar a benvida á Selva.
Grazas aos tres polos seus comentarios.
Saúdos.
Postar um comentário