Desde os quince anos que non escoitaba esta canción de berce.
Que lonxe! Que lembranzas! Na casa da miña amiga T., invadindo o lugar prohibido de seu pai, escoitando estas que eran as músicas dos seus irmáns maiores, os seus discos de vinilo tamén prohibidos para nós, agardando a que seu irmán X. cruzase por alí e se dignase e mirar para min, compartindo cigarros ata o filtro que apagabamos nos frondosos testos da súa nai. Que gracia, nunca lle dixen o moito que me gustaba X., creo que non o ía entender, a todas lles gustaba R. que era máis novo e estaba obxectivamente moito mellor, pero X., era perfecto, e con aquelas pintas de intelectual sesentero que se gastaba...ummm... Non podía entender como un tipo tan guai podía andar cunha tía tan sosa, e fea, que si, que nos daba tabaco pero iso de que saíse en camisola e bragas do cuarto de X. cando os pais de T. ían a Madrid a casa dos avós sentábame un pouco mal. O caso é que pasaron os anos e X. non acabou con ela, e comigo tampouco :D
Vía O falar non ten cancelas.
2 comentários:
.... anos fae (ainda que non tantos, non vaia vostede a creer) ,nunha vida "terreal" que tiven, unha voz "descentente" doutra desas "arrolábame" coa mesma cantiga pero ainda con "moitísimo máis amor".
:-(((
Pd: non é tristura, é só algo de "morriñá".
Pd2: Magnífica coma sempre Dona X
Daniel
Grazas Daniel, tan amable coma sempre :)
Postar um comentário