Si, xa sei, teño a Selva como un coche aparcado que o moven un metro de cando en vez para demostrar que non está abandonado mentres eu paseo silandeira polos tobos alleos. A explicación? Digamos que este verán con cousas boas e malas, está sendo moi raro, ademais tiven moito traballo e moi poucas ganas, poucas ganas de traballar e poucas ganas de cultivar a Selva. Non sei, tampouco teño claro por onde seguir. Saúdos señor Kaplan.
6 comentários:
como é que ten a selva abandonada?
Ista non está abandoada, só aletargada. Non se decata que iso é parte da "beleza salvaxe" desta paraxe?.
Deseguro que subiron as "augas" e está algo anegada, pero xa vaixaran. Non hai tormenta que non escampe.
Azathioprina
Si, xa sei, teño a Selva como un coche aparcado que o moven un metro de cando en vez para demostrar que non está abandonado mentres eu paseo silandeira polos tobos alleos.
A explicación? Digamos que este verán con cousas boas e malas, está sendo moi raro, ademais tiven moito traballo e moi poucas ganas, poucas ganas de traballar e poucas ganas de cultivar a Selva.
Non sei, tampouco teño claro por onde seguir.
Saúdos señor Kaplan.
Si, positiva Azathioprina, xa baixarán.
Saúdos.
Este é un blog intenso; non precisa de anotacións abundantes. Unha soa coroa todo.
Arume dos piñeiros, moitísimas grazas, menudo piropo!, cáeseme a baba :D
Postar um comentário