Páxinas

2008/09/21

Por un mundo que non vin


Adios miradoiros, adios praias,
adios barquiños pequenos,
adios vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.

Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ao meu amor
paseíños pola ría
adios por un tempo, adios.

Adios gloria, adios contento
deixo a casa onde vivín
deixo a cidade que coñezo
por un mundo que non vin.

Deixo amigos por extraños,
deixo a ría polo río,
deixo en fin canto ben quero
quen poidera escorrentar este frío.

Non me olvides queridiña
se morro de soidás,
tantas leguas terra adentro
miña casiña meu lar.

Adios miradoiros, adios praias,
adios barquiños pequenos,
adios vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.

non sei cando nos veremos...
non sei cando nos veremos...

4 comentários:

Anônimo disse...

????????!!!!!!
non sei que pensar :-/

Anônimo disse...

Non se agonís, X. Seguro que volve antes do que pensa. O importante é tirar para adiante e contemplar outros ambientes. De todo se aprende, aínda que no momento en que o vivimos non nos decatemos. Aperta forte.

Anônimo disse...

Voltar, voltará con casi seguridade matemática o día 21 de xuño do 2009, non sí?

Daniel :-((

X disse...

Sr. Kaplan pense que sigo aquí.
Peke, vaise tirando.
Non Daniel, non conto volver para esa data.
Saúdos aos tres.