Andaba eu a pensar no asunto este dos blogs, en Eva e Adán e esas cousas e xurdíronme unha serie de preguntas ás que non souben dar resposta, agardo que algún dos paseantes da Selva poida quitarme da intriga.
- Quen foi @ primeir@ blogomilleir@?
- No caso de que fose home o primeiro blogomilleiro, quen foi a primeira blogomilleira?
- Quen é @ blogomilleir@ en activo máis antig@ na actualidade?
- Hai algún estudo no que se indique aproximadamente a porcentaxe de blogomilleir@s atendendo ao criterio do sexo?
- Coñécese a porcentaxe de blogs feitos en Galicia atendendo ao criterio da lingua empregada?
Mapa procedente da Guía de Información Académica e Profesional.
11 comentários:
Eu tampouco sei muito acerca disto.
Proba a preguntar a Calidonia:
http://calidonia.blogaliza.org/
A min tamén me gustaría sabelo, se te enteras de algo, faimo saber... O mesmo farei en caso de ter algún dato novo.
1. seica estaba a cousa entre arvpart e mais emf
2. ascárida
3. eses mesmos
4. cousa de Calidonia, como o paideleo
5. seguro que vén alguén que di que o sabe :D
para as preguntas 4 e mais 5 nunca aceptaría eu como válida ningunha resposta :)
1. seica hai algún máis primeiro que xa non está en activo (sáeme deneno)... que non lembro, así que se alguén o comenta, ou me corrixe, tamén agradezo :)
Tremenda facilidade ten a xente para botar balóns fóra! :-D
Eu non vou ser menos. Hai máis dun ano, senón dous, o Fernando Garrido anunciou que estaba a traballar na terceira enquisa a bloggers españois, e sei que há de ter unha mostra específica para os blogues en galego (ou para os galegos, non lles sei moi ben).
Canto aos pioneir@s todos eses que Vostedes apuntan están entre eles, e estou certo de que non pasarán pena se os nomeamos ex aequo. Nesta vella anotación fora anotándoos segundo os datos que tiña entón, que o tempo veu a demostrar que estaban incompletos. Por exemplo, o Manuel Gago celebrou hai pouco o quinto aniversario do seu blogue, o que quer dicir que é máis vello do que se apuntaba alí. Tamén o susinho dis que estaba entre os primeiros. E así pode acontecer con máis.
Con todo, sigo na teimando en que o primeiro do blogomillo foi o Suso de Toro coa súa 'Botelha ao mar'. Se calhar el non sabía que aquilo era un blogue, ou non coñecía esta palabra, pero estou certo de que sabía o que se facía.
Que mais terá?
(em qq caso, como já dixerom todos, numha busca por "blogomillo" na do calidonia pode-se topar btte info)
Cando eu entrei nisto (vai facer catro anos) había cento e pico de bitácoras en galego. A famosa todonada, as túas balas, Pawley, ascárida... A primeira reunión que se fixo foi na Coruña e asistiron cinco persoas.
Ah! e Dorvisou que é un veterano nisto.
E non teño a menor idea das respostas, pero non deixan de ser interesantes preguntas....
Moitas grazas a tod@s.
O Paco, case tres meses despois, perdoe o descoido, pero andaba facendo limpeza e deime conta de que non lle dera nunca a benvida á Selva. O dito, déase por saúdado :)
Postar um comentário