Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Preguntas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Preguntas. Amosar todas as publicacións

2008/04/17

Enjut@ Mojamut@

Chégame un convite do señor Kaplan de responder ao seguinte meme. Fágoo ipso facto:
Voz en off> Cantas horas ao día de media pasas conectad@ a Internet?
Enjut@> Máis das que debería, digamos que hai días en que o ordenador non se apaga.
Voz en off> Cantas contas de correo tes?
Enjut@> Máis de dez: 3 do blog (gmail, yahoo, flickr), a de yahoo, dúas do traballo e unhas cantas que foron xurdindo.
Voz en off> De cantas redes sociais es?
Enjut@> Teño conta en algunha pero non uso ningunha.
Voz en off> Que che gusta máis para te expresar: o blog, o wiki, flickr ou twiter?
Enjut@> O blog, con diferenza, aínda que moitas veces se me queda curto. Realmente gustaríame saber deseñar páxinas web para poder utilizar doutra forma letra, son, imaxe, vídeo... Gústame moito o flickr, tanto para colgar fotos miñas como para navegar polas alleas. Un dos meus pasatempos preferidos é o paseo por imaxes na rede, gústame procurar as imaxes precisas para cada post aínda que a maioría das veces non aparece aquela concreta que tes na cabeza acabas dando con algunha que se achega.
Voz en off>Cantos blogueir@s coñeces persoalmente?
Enjut@> Coñezo persoalmente a varios, aínda que el@s non saiban quen son eu. Logo teño compartido espazo común con bastantes máis nas mesmas condicións.
Voz en off> Cant@s blogueir@s les habitualmente?
Enjut@> Realmente volvinme unha adicta aos blogs, sigo diariamente uns dez, semanalmente uns vinte e no meu lector de sementes conviven máis de cen.
Quen guste das preguntas que siga o meme e deixe recado.

2008/01/26

Preguntas do Blogomillo

Andaba eu a pensar no asunto este dos blogs, en Eva e Adán e esas cousas e xurdíronme unha serie de preguntas ás que non souben dar resposta, agardo que algún dos paseantes da Selva poida quitarme da intriga.
  1. Quen foi @ primeir@ blogomilleir@?
  2. No caso de que fose home o primeiro blogomilleiro, quen foi a primeira blogomilleira?
  3. Quen é @ blogomilleir@ en activo máis antig@ na actualidade?
  4. Hai algún estudo no que se indique aproximadamente a porcentaxe de blogomilleir@s atendendo ao criterio do sexo?
  5. Coñécese a porcentaxe de blogs feitos en Galicia atendendo ao criterio da lingua empregada?
Agradézolles por adiantado a súa colaboración.

Mapa procedente da Guía de Información Académica e Profesional.