Páxinas

2008/01/20

Mazás tivesen as maceiras

Esta Selva é tan rica que andan as mazás polo chan e pódeas apañar quen queira.
Hainas para el,
para ela
e para el tamén.
E vostedes pensarán a que vén tanta mazá, pero é que os paseadores desta Selva non se conforman con calquera cousa, non, non, sonlles ben tiquismiquis, e mentres as árbores da Selva vaian portándose, por mazás non ha de ser.

6 comentários:

Kaplan disse...

máis do que tiquismiquis eu diría sibaritas (ou sibariñas, pois en galego falamos);-)

peke disse...

Home, Kaplan, quitoume vostede as palabras dos dedos :)
E o de sibariña sería un hiperenxebrismo. Élle sibarita, habitante de Síbaris, non é un diminutivo, senón un xentilicio. (Perdón pola clase).

Doutora Seymour disse...

Se se pode... eu collo esa da primeira foto que esta medio agochada .
Aviso por se a bota en falta.

X disse...

Non, non, sibaritas non, tiquismiquis :D
Colla doutora, sírvase vostede mesma.

Cesare disse...

Pois daquela, se son de Síbaris terían que ser sibarís, como xiís, como israelís, como xabarís. Ou?

paideleo disse...

Eu aceito a mazá de bo grado.
Graciñas.