

Vía antonioxalonso.
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
Andaba eu a pensar no asunto este dos blogs, en Eva e Adán e esas cousas e xurdíronme unha serie de preguntas ás que non souben dar resposta, agardo que algún dos paseantes da Selva poida quitarme da intriga.
Paseando por Chove en ningures, atopei o outro día que Mr Tichborne se puxera a enfiar palabras e lle saíra Prata, un texto breve sobre unha situación cotiá cuxa lectura lles recomendo.
Peke amósanos hoxe xenerosamente parte do seu recuncho, e coa naturalidade que lle é propia resume a relación lectora e libreira.
Ese é o título dunha columna de opinión publicada o venres por Manuel Rivas en El País. O último parágrafo do texto di:
O señor Kaplan volve do retiro do nadal deixando as cousiñas claras. A partir dunha caricatura de El Roto converte o seu último post en Robinson en Ithaca nun verdadeiro exercicio de estilo que de seguro lles provocará un sorriso amargo.
Para comezar tráiolles unha entrada titulada A sala reservada do Prado de Marcos Valcárcel en As uvas na solaina na que fai un percorrido por esa estancia na que durante séculos a visión de certas obras pictóricas estivo reservada aos ollos duns privilexiados monarcas.