Páxinas

2007/01/24

.gal

Agora xa podes anotarte aquí se queres apoiar a iniciativa da Asociación Puntogal.

Ryszard Kapuscinski

Finou onte Ryszard Kapuscinski, un xornalista con maiúsculas, un buscador da verdade.
Deixo dous enlaces a un artigo seu e a unha entrevista que lle fixeron. Nestes documentos poden atopar análises coma estas:
- Noutrora o xornalismo era unha misión, non unha carreira.
- O que prima é a venda. Unha información vai ser xulgada sen valor se non consegue interesar a un público amplo.
- A civilización vólvese cada vez máis dependente da versión da historia imaxinada pola televisión. Unha versión a miúdo falsa e sen fundamento.
- A confusión, en xeral inconsciente, entre ver e saber, e ver e comprender, utilízaa a televisión para manipular as persoas. Nunha ditadura sérvese da censura; nunha democracia da manipulación.
- A idea central (da Organización de Países non Aliñados) era forzar os países desenvolvidos a establecer relacións máis xustas no intercambio comercial do mundo. Este movemento, cuxa última conferencia tivo lugar en Arxel en 1972, fracasou. Foi aniquilado pola política dos prezos das materias primas imposta polos países ricos. A partir deste fracaso, o Tercerio Mundo, de maneira subconsciente, cambiou de estratexia: no canto de confrontar, infiltrar (emigración).

2007/01/23

Cando ti estás triste

O pranto eclipsa o sol máis radiante,
cando ti estás triste, maio parece decembro,
máis frías son as bágoas que a neve fría.

(Kavafis, fragmento de "Bo e mal tempo", 1893)

Ilegal

Velaí as lindezas da administración do hotel Louxo.
Retirámolo e xa está?
Aquí non pasou nada?
Onde está a administración autonómica?
Onde está o poder xudicial?
E logo o redactor da marabilla comentará á hora do café "es que los catalanes son otra cosa, siempre defendiendo lo suyo, y no como aquí".
Cada vez entendo máis por que a Selva de Esmelle.
Vía A Mesa.

2007/01/21

A eternidade I


A eternidade era o que tardaba en chegar o ascensor desde o portal ata a casa da miña nai.

Problemas

Un amable lector deste blog comunícame que desde hai días ten problemas para deixar comentarios porque non lle aparece a ventá onde deixalos.
Pásalle a alguén máis?
De pasarlle a alguén máis sabe outro alguén como se soluciona o problema?

2007/01/19

Carapuchiña


by Joaquim Verdu

Sospeito

Sospeito que volveron as once letras. Ao mellor as circunstancias forzaron tomar decisións non moi desexadas pero agora vén a realidade. Gustaríame moito estar confundida.

2007/01/18

O ilusionista

Era inevitable, engaioloume O ilusionista, volverei a vela, fermosa, fermosísima. Ten todos os ingredientes: o bo o malo a moza
o investigador
Escenas de fasquía pictórica máis ca cinematográfica, o vestiario, as rúas, os obxectos, os teatros, a maxia...
ummmm
e non o esquezan
NADA É O QUE PARECE.

O listo

Sabe de todo, entende de todo, sempre cala ao experto e o que é peor, el xa o sabía... Sempre o sabía.
O listo é un tipo insoportable que normalmente o destino coloca na túa vida de tal forma que non hai maneira de esquivalo.
Este individuo ademais dedícase a soltarlles a uns e a outros catro frases lapidarias, sempre as mesmas, que nin sequera son de colleita propia, non, non... Pero vai máis aló, e chega un día en que oes que conta, como se se tratase dunha investigación propia de anos de duro estudo, unha frase túa, e descobres que o listo te está plaxiando...e ferve o sangue.

2007/01/16

O que comeu a carne...

Se ela tras a súa excarceración elixiu facer unhas fotos espida e saír en todo canto programa hai a cambio de cartos, elixiu con isto tamén que todo o mundo opine sobre ela e a súa vida. Se iso é o que ela quere, ogallá lle cunda durante moito tempo, pero quen comeu a carne que roa o óso e o óso neste caso é aturar todas as tiranías dos representantes reaccionarios da sociedade aos que, todo sexa dito de paso, non lles dou a razón.
E como verán, na foto deste post aparece vestidiña de todo, que non quero eu excesos no meu blog.

Recintos masculinos

Gustaríame felicitar a López Aguilar, Ministro de Xustiza, por ter cancelado a conferencia que ía pronunciar onte na Universidade saudí masculina de Riad como medida de protesta pola prohibición das autoridades universitarias de que entrasen no recinto catro xornalistas mulleres que o acompañaban nesta viaxe.

Ociosos

Eu, que non estou ociosa coma outros, cubrirei o cuestionario de Kaplan, aínda que tiña que estar facendo outra cousa e ademais agardan por min certas vaqueiras australianas.
1. Cal é a pior cousa que nunca compraches? Esta pregunta é moi difícil, teño varias boas candidatas: a) Unha báscula que mide a masa corporal e varias cousas máis nas que só miro o meu peso. b) Unha axenda electrónica coa que me encaprichei un ano polos reis, que tiña tradutor a varios idiomas, cambio de moeda (aínda estabamos en etapa preeuro), etc. e que só cheguei a usar como calculadora.
2. Cal é o lugar máis caro en que nunca estiveches? Unha fábrica de salgadura convertida en hotel á beira do mar.
3. Cal é a cousa máis perigosa que fixeches? Tentar atopar ás apalpadas o coche coa noite pecha á beira dun cantil.
4. Cal é o maior erro que nunca cometiches? Non ter casado co primeiro home que mo propuxo.
5. Cal é a cousa máis valiosa que perdiches? Unha escrava de ouro co meu nome coa que me agasallaran meus avós pola primeira comuñón.
6. Cal é a máis terrorífica experiéncia que tiveches? Un ataque de ansiedade fai nove anos, crin que morría.
Se algún de vostedes o desexa, pode dar cumpridas respostas a este cuestionario que serán debidamente lidas.

2007/01/15

Bogart-Bacall

Tiña un fantástico post sobre esta parella (descúlpeseme a falta de modestia), falaba del e dela, dos trece anos xuntos, dos catro filmes, dos dous fillos, do síndrome de voz que leva o apelido de ambos e da paixón, pero por culpa do maldito Blogger perdín todo, en fin, quedan os restos.


mazá

Deixo a roupa tendida e cámbioa por unha mazá. Sempre me gustou todo iso da mazá, a provocación, a tentación...
Esta mazá ofrecida non é miña pero gústame, soe pasar isto, que atope nos demais fotos que me gustaría ter feito. Se é de alguén, que a reclame.

2007/01/09

Infartada pero sen pelos

Hai uns días lin esta mensaxe nunha caixa de mensaxes dese blogomillo inexistente. Mudei o nome da protagonista para non ferir sensibilidades:

28 Dec 06
22:10
ELADIXIT: Mozas, que tal a cea? Se me da un infarto iredes verme ó hospital? Terei que depilarme xa por se acaso, non me toque un médico atractivo e vexa unhas pernas de loba... Bicos

Datos importantes da mensaxe de ELADIXIT:

1) ELADIXIT non asistiu á cea das mozas, ela non sabe nada e nós tampouco.
2) ELADIXIT ten problemas cardíacos con propensión ao infarto.
3) ELADIXIT ten medo de estar soa no hospital.
4) ELADIXIT cre que para curala do infarto lle teñen que revisar as pernas.
5) No momento de ser enviada a mensaxe ELADIXIT ten pernas de loba.

Tempo

"Os amigos permanecem, mesmo se não estão."
Ten todo o tempo do mundo.

2007/01/08

En tus brazos

En tus brazos é unha deliciosa curta que fala do tango e do amor, e do amor a través do tango.
Non poderá vela só unha vez.
Vía Sole.

2007/01/07

Claudica

E mentres Torreira di:

CLAUDICA CON ELEGANCIA
eu quero volver entrar no bar e tomar unha copa sentada na barra ao teu carón sen necesidade nin sequera de mirarte.

2007/01/06

Blogger: Permiso denegado

Este blog sólo admite a lectores invitados.
No parece que te hayan invitado a leer este blog. Si crees que se trata de un error, es posible que desees ponerte en contacto con el autor del blog y solicitar una invitación.

Fun moi boíña

2007/01/05

Noite de Reis

Si, confésoo, non o podo evitar, desde pequena non son capaz de durmir na Noite de Reis. É superior a min, vale, si, é certo, fago trampa.

Sen reclamacións

Estivemos comprobando a lista e vemos que aínda non nos chegou a túa carta.
Se non ma envías hoxe que saibas que non me fago responsable do que poida haber ao lado das túas zapatillas mañá pola mañá.

Agasallos X: Yourself

Envólvete nun lazo e derrétete.