Páxinas

2007/01/23

Ilegal

Velaí as lindezas da administración do hotel Louxo.
Retirámolo e xa está?
Aquí non pasou nada?
Onde está a administración autonómica?
Onde está o poder xudicial?
E logo o redactor da marabilla comentará á hora do café "es que los catalanes son otra cosa, siempre defendiendo lo suyo, y no como aquí".
Cada vez entendo máis por que a Selva de Esmelle.
Vía A Mesa.

7 comentários:

Anônimo disse...

Si, a min tamén me fai graza que isto se resolva con tanta facilidade como dicir retiramos o papel escrito (que non a intención) e asunto resolto. Para min e como si eu vou roubar a casa do veciño, me descobren, devolvo o roubado e aquí non pasou nada... pero estarei espétante para intentalo de novo.

moucho branco disse...

Pois a min me gusta, cheira a podre, a rancio e a franquismo, creo que esta nota é un tesouro arqueolóxico e que debe estar nun museo, e o que a escribíu nun zoo, cun montón de turistas xaponeses tirándolle fotos.

X disse...

Si, si, A Randeeira seguro que os traballadores agora se animan moitísimo a falar galego no seu posto de traballo nese hotel.

X disse...

Non, moucho branco, o problema é que non é un tesouro arqueolóxico e a única diferenza entre este e outros moitos casos reside en que nesta ocasión cometeron o "erro" de poñelo por escrito.

David disse...

E aínda por riba din que van contactar con Galempresa!! Iso xa é cachondeo...

Anônimo disse...

...Ao final a cousa aínda pode ter algo de positivo...
Xa incorporaron o galego ao web (http://www.louxolatoja.com), comprometéronse a cambiarlle o nome ao hotel (de *La Toja a A Toxa), a galeguizar os servizos, a sinaléctica, as facturas, etc.
...E todo é resultado da presión da rede ;-)

RAIKO disse...

Ummm... esta gente de qué va? Un saludo.