Páxinas

2007/01/24

Ryszard Kapuscinski

Finou onte Ryszard Kapuscinski, un xornalista con maiúsculas, un buscador da verdade.
Deixo dous enlaces a un artigo seu e a unha entrevista que lle fixeron. Nestes documentos poden atopar análises coma estas:
- Noutrora o xornalismo era unha misión, non unha carreira.
- O que prima é a venda. Unha información vai ser xulgada sen valor se non consegue interesar a un público amplo.
- A civilización vólvese cada vez máis dependente da versión da historia imaxinada pola televisión. Unha versión a miúdo falsa e sen fundamento.
- A confusión, en xeral inconsciente, entre ver e saber, e ver e comprender, utilízaa a televisión para manipular as persoas. Nunha ditadura sérvese da censura; nunha democracia da manipulación.
- A idea central (da Organización de Países non Aliñados) era forzar os países desenvolvidos a establecer relacións máis xustas no intercambio comercial do mundo. Este movemento, cuxa última conferencia tivo lugar en Arxel en 1972, fracasou. Foi aniquilado pola política dos prezos das materias primas imposta polos países ricos. A partir deste fracaso, o Tercerio Mundo, de maneira subconsciente, cambiou de estratexia: no canto de confrontar, infiltrar (emigración).

2 comentários:

Unknown disse...

Era unha das persoas máis lúcidas e claras do noso tempo, a súa doenza non logrou soportar tanta manipulación.
Unha aperta

RAIKO disse...

Otro lúcido que se nos va. Descanse en paz... Un saludo.