Páxinas

2007/01/18

O listo

Sabe de todo, entende de todo, sempre cala ao experto e o que é peor, el xa o sabía... Sempre o sabía.
O listo é un tipo insoportable que normalmente o destino coloca na túa vida de tal forma que non hai maneira de esquivalo.
Este individuo ademais dedícase a soltarlles a uns e a outros catro frases lapidarias, sempre as mesmas, que nin sequera son de colleita propia, non, non... Pero vai máis aló, e chega un día en que oes que conta, como se se tratase dunha investigación propia de anos de duro estudo, unha frase túa, e descobres que o listo te está plaxiando...e ferve o sangue.

6 comentários:

fisiologus disse...

me encanta leer este tipo de entradas. un saludo.

Moralla disse...

MOI BO!!!!!!
que razón tes, hai moito/a listo/a por ahí solto/a...que no fondo é un/ha frustrado/a
Bicos, que non te pasas por moralla!!!

Marinha de Allegue disse...

Certamente hai moit@ sabidill@ "especialistas" en todo e se cadra en nada. Son captor@s de enerxía.

Unha aperta.
:)

X disse...

Fisiólogus, xa sabe que pensei en vostede ao publicala pero dedicarlla parecíame demasiado evidente.
Moralla, uis, canto se confunde!
Si Marinha de Allegue, roubadores de enerxías alleas.
Saúdos a tod@s.

fisiologus disse...

hubiera pensado que "o listo" soy yo y, aunque es seguro que algo me toca, preferiría pensar que no.

Anônimo disse...

:D
Evidentemente, non.