Páxinas

2008/06/30

Porteiros

Cáeme ben este tipo
aínda que o que a min me gustaba de verdade era estoutro:

que por certo, hai que ver o que cambiou, en fin, e eu tamén.
Non, non me gusta o fútbol, gústanme algúns porteiros :D
E tamén me gusta ver partidos nos que se xoga algo máis que uns puntos de liga, xa se sabe, finais de liga, finais de mundiais, finais de copa de Europa e esas cousas.
Gústoume ver a final, paseino ben e quería que ganase España!
Non, a miña pureza de sangue non é inmaculada.
Amoloume moito todo o que se montou nesta febre/histeria colectiva co do sentimento nacionalpatrioticoespañolistaexclusivista, e amoloume outro tanto a reacción oxaláperdanquesonoinimigoabater ao mellor non ten tantos pés o gato e somos nós os nosos propios inimigos.
Asumo que me unen moitas cousas máis a España que un DNI, un IPC e un ministerio de facenda pero iso xa é outra historia.
Haberá que ir pensando en mañá e na nova semana que está por diante, mentres fóra xa van desaparecendo as euforias da vitoria europea.
Veña, piedade, que só foi un partidiño, que non merezo pasar a estar na listaxe negra :(

2008/06/27

Abandono

Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito... erros.
Un, dous, tres... días
Unha, dúas... semanas

Ata cando este abandono?
Ser consciente é o peor de facer as cousas mal.

2008/06/24

Fai tres anos

Para comenzar imponse dar unha volta pola festa entre a xente, os tiros, os vendedores ambulantes, as tómbolas...
Otro boleto con suerte,
otro boleto premiado,
mire lo que le ha salido,
mire lo que le ha tocadooooo
le ha salidooooooooooooo
le ha tocadoooooooooooooo
le ha salidooooooooooooo
le ha tocadoooooooooooooo
un robot de cocina de última generación
pero qué suerte ha tenido
que buen regalo le ha tocado
jueguen señores
jueguen
Nada de ir cear a un restaurante, hoxe o menú manda tomar cucurucho de patacas fritas acabadiñas de facer.
Xente, xente... máis xente, milleiros de adolescentes insultántemente novos amosándolle as súas peles douradas e tersas ao verán.
Logo o ritmo, é o momento do concerto, aí está, magnífica, marabillosa, fascinante e incrible... Dulce Pontes. Como dun corpo tan fráxil poden saír sons tan poderosos? Os primeiros temas ela e o piano, ás veces un contrabaixo, non fai falta máis... jo, por que a vida non me deu unhas mans así, parece que só estivesen feitas para tocar cousas belas. Logo a voz vai adquirindo textura, imos a polos grandes temas onde non queda outra opción que unha admiración embelesada. Con ela catro músicos de negro rigoroso. Máis tarde innovadores momentos no seu repertorio, palabras inintelixibles nunha lingua descoñecida, sons guturais mesturados con danzas sinxelas mais subyugantes que nos trasladan a afastadas culturas mentres con brazaletes de axóuxeres nos nocellos marca ritmos que, por momentos, e sen saber por que me lembran escenas de cortexo e apareamento. E para rematar, como non, "Lela", a capela, ela e nós e claro, a bágoa, inevitable, emocionada.
Non me deixes
e ten compasión de min,
sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
Para rematar a noite, o segundo pase dunha das mellores orquestras de Galicia, el, da terra, ela, importada dos EEUU pero con media vida aquí e cunha vozzzzzzzzzz, e cun tipoooooooo e cun baileeeeeeeeee e cunha marchaaaaaaaaaaaa
Ohhhhhhhh, la la lala, Ohhhhhhhhh lalalaaaaaaalalalaaa... grande Status Quo
e toquei guitarras eléctricas no aire dunha noite de verán na que aínda ulía á madeira queimada do San Xoán do día anterior.
If you want my body and you think i'm sexy
come on sugar let me know
if you really need me just reach out and touch me
come on honey tall me so
tell me so, baby.
Lega, legali zación la la la lalalá...
Salta, salta conmigo, digo saltaaaaaaa, salta conmigo lalalalalalalalalalalaaaa
Uúuuuuuu Uúuuuuuuuuuu nena, voy a ser una rock and rock star...
E amencemos nunha autovía.

2008/06/20

Servando Barreiro

Hoxe recoméndolles unha entrevista de Magago a Servando Barreiro, un rapaz espelido que se dedica a inventar uns aparellos nos que mestura luz e son de formas novidosas. É un visual jockey, non, eu tampouco sabía o que era iso, vén sendo unha versión evolucionada dos pinchadiscos, agora pinchan vídeos combinando imaxes e son con parámetros diferentes aos habituais e fala de ondas de son, de ondas cerebrais, etc. O Ser, como se chama no Fotolog, agora anda por Berlín porque isto xa lle quedou pequeno hai uns anos, pero é mellor que o escoiten nas súas palabras.

2008/06/18

Máis auga

A auga tamén pode unirnos doutras maneiras. Velaquí teñen uns rusos de 1900 nos baños, pregúntome se ligarán ou non, aínda que nisto dos baños públicos disque hai moita lenda urbana. Sen ir máis lonxe, estoume acordando dunhas amigas que viron no fogar do líquido elemento unha oportunidade excepcional para animar a súa vida social. Semanas despois seguían con maniotas, mágoa que non fosen polo tipo de exercicio que gustarían de practicar.
Fotografía vía Bajo el Signo de Libra.