Páxinas

2007/07/31

Lumes

As malas linguas din que el está contento, hai menos incendios que o ano pasado, debe ser que para as estatísticas da consellería non contan outros lumes.

2007/07/27

Vacacións

Por fin, chegou o día, VACACIÓNS.
Non, non teño programada ningunha viaxe espectacular, nin penso atacar esa columna de libros construída durante o ano para estes días, nin sequera vou ir a todos eses lugares pendentes.
Simplemente quero, relaxarme.
Hei andar pola Gallaecia, e se cadra aínda me apetece vir pola Selva.
Saúdos a tod@s e bo verán.
Fotografía: Zena Holloway

2007/07/22

Cousas veredes

Nunca merquei esta publicación.
Se o poder xudicial non tivese secuestrado a edición nunca coñecería esa viñeta.
A obra en cuestión non me gusta nada, non me fai gracia e non a vexo nada orixinal nin ocorrente.
Dubido moito que en casos semellantes con outros protagonistas se obrase co mesmo celo profesional, totalmente desproporcionado neste caso. Agora ben, o dereito á liberdade de expresión non debe vulnerar o dereito á intimidade das persoas que debe ser respectado para todos os cidadáns.