Páxinas

2007/07/22

Cousas veredes

Nunca merquei esta publicación.
Se o poder xudicial non tivese secuestrado a edición nunca coñecería esa viñeta.
A obra en cuestión non me gusta nada, non me fai gracia e non a vexo nada orixinal nin ocorrente.
Dubido moito que en casos semellantes con outros protagonistas se obrase co mesmo celo profesional, totalmente desproporcionado neste caso. Agora ben, o dereito á liberdade de expresión non debe vulnerar o dereito á intimidade das persoas que debe ser respectado para todos os cidadáns.

7 comentários:

peke disse...

Vou escribirlle unha cousa que me vai desprestixiar, pero tanto me ten (consello de B, que reivindique dunha vez as miñas simpatías en público): cáenme ben os personaxes da viñeta (á marxe de todo o que implica, que non vén a conto); a viñeta é dun mal gusto indescritible (o sexo, como chiste, non dá moito de si); pero secuestrar unha revista por iso é o colmo dos colmos. A menos, claro está, que o que perseguise o xuíz fose revitalizala, que tamén pode ser.

X disse...

Non perdeu ningún prestixio, fixo moi ben en seguir o consello de B
:-)

leco disse...

Pois que quere que lle diga, as caricaturas parécenms moi ben conseguidas. Non me parece que a viñeta falte á súa intimidade, a non ser que contemplemos a posibilidade de que estas dúas persoas non teñan o costume de foder a unha coa outra, que tamén pode ser. Sobre a acusación de humillación -acabo imaxinando que pola natureza da postura, senón non lle vexo traza- case non vou dicir nada porque, até polo texto é imposíbel sospeitar que estean actuando contra natura. Vaia, que mesmo me parece unha estampa humorística politicamente correcta.

kaplan disse...

concordo plenamente coa dama de esmelle: trátase dun chiste fácil, malo,sen ningún enxeño; tampouco me gusta este tipo de imaxe para unha portada que eu si vin nos escaparates das librarías levando da man á miña filla; simpatizo, como peke, con estas dúas almas caricaturizadas, principalmente coa princesa, alvo de tantas críticas... pero o que máis lamento é que o sistema xudicial se convertese no principal publicista e difusor de semellante estupidez.

O Raposo disse...

Non entendo porqué a familia real é intocable, porqué ten que estar por encima das críticas ou das caricaturas (aínda que sexan de índole sexual), sobre todo cando somos nós os que pagamos os seus vicios (mesmo sexuais) e os seu alto nivel de vida.
A caricatura está ben, a postura supoño que tamén a utilizan, e que o príncipe non traballou na vida xa o sabemos todos. Daquela, ¿cal é o problema?.

X disse...

Se fose outra personaxe pública calquera diría o mesmo que dixen.
E se do que se trata é de falar da forma de goberno que desexamos fagámolo ben.

rosa enriquez disse...

Dacordo totalmente con raposo. O príncipe non traballou na vida. Ao seu pai pagámoslle os vicios entre todos.A monarquía é un sistema de goberno obsoleto cimentado na desigualdade social. Prefiro correr cos gastos dun home do pobo que nos goberne por decisión dunha maioría de votantes que cos dunhas persoas que non sei porque estáN por riba dos demais en dereitos xa dende o seu nascemento bla bla bla.... UN BICO¡