Que fermoso sería desaparecer aquí,
diluírse na terra húmida da selva. Confundida coa chuvia acabada de caer, forte, agresiva,
posuída pola autodestrución e aínda así rodeada destas pequenas
miniaturas de pracer como quen pon unha rosa fresca nas mans inertes
no cadaleito branco da meniña morta.
Canto amor habería en escoitarmos
xuntos por primeira e última vez a rapsodia de Rachmaninoff!
E que fermoso sería que ti me quixeses
acompañar nese último exhalo de vida antes da soidade eterna!
Nenhum comentário:
Postar um comentário