K? Ola. Si, son eu. Que que teño entre as pernas? Algo a piques de estalar contigo. Sexa cóncavo ou convexo, ou as dúas cousas, quere foder xa. Versátil. Se non che interesa colgamos e tan amigos. E ti como estás? Hai que ver como sabes. É cuestión de saber darlle á tecla e a algo máis. Que ben vivides os universitarios! Eu teño bastante máis roupa enriba, quen me dera estar coma ti! Aire acondicionado. Si, sempre é a primeira vez. Non é necesario, gústanme as sorpresas. Ás seis e media nos baños do Museo do Mar. Culturetas, pero quente abondo para te cravar contra a porta. Para que aprendas. Non te preocupes, teño experiencia en tapar todo tipo de buratos. Non todo vai ser pasta. Si, bocas tamén. Vas querer ti tapar a miña? En que o notas? Hostia! Cala, cala, que agora non podo. As travesuras déixaas para despois. Non traias un pantalón moi ceñido, non me gusta pelexar co botón e a cremalleira. Con. Agora teño que colgar. Depende de como te portes. Ás seis e media. Xa te atopo eu a ti.
4 comentários:
Oh, la-lá.
Ñó!
Qué machote.
E 'vero! Ritengo che questa sia un'ottima idea. Sono d'accordo con te.
E 'vero! L'idea di un bene, sono d'accordo con lei.
valeralle todo, cóncavo e convexo, pero sempre fodendo polos baños públicos!
habería que ir probando outro tipo de entornos, ou? estes versátiles!
Postar um comentário