Páxinas

2010/09/22

Non podes fotografar o pasado



Rematei de vela, realmente non sei como describila, pero non esquecerei os Fisher.
Creo que os coñezo mellor que a algunha persoa da miña familia, tamén é certo que desde o outro lado da pantalla nos achegamos a eles máis do que eles entre si.
Non tes sensación de estar vendo unha serie, é como un filme que vas ver ao cine e dura horas e horas e horas.
Non sei se é que a serie é moi dura ou se me estarei volvendo eu moi branda.
Ás veces sinto arrepíos de pensar que algunha entrada programada no blog se publica tras a miña morte. 
Resulta ridículo hipotecar o presente no medo a un fugaz instante irremediable que a todos nos ha chegar.
Non sempre está ben o que un desexa, nin vale de nada a lóxica, nin se pode apreixar o tempo.
Non teño ganas de artellar un post coherente, non é un bo momento.

6 comentários:

Ra disse...

Qué desasosiego me entró con el final... ¿desacougo?

Breathe me.

Chousa da Alcandra disse...

Vale. Pois fotografemos o futuro!

X disse...

Si, Ra, desacougo.
Ese será o obxectivo Chousa.

Zeltia disse...

O peche da serie volvina a ver no blog de Kaplan e reviviume o que sentín cando rematei de vela eu...
tamén sentín a necesidade de escribir algo no meu blog.
É moi acertado o que dis, case parecen seres reais. persoas ás que chegamos a coñecer ben.

Con algun deles sentin primeiro simpatía, despois rechazo, despois comprensión, despois outra vez cariño...

i a inversa.
unha serie que non deixa indiferente a ninguén que vexa dous ou tres capítulos seguidos. xa queda atrapado na casa da funeraria.

A Conxurada disse...

A min pásame coma a Zeltia. É unha das mellores series que teño visto, senón a mellor, ou polo menos a que tivo un final que me deixou completamente satisfeita.

Anônimo disse...

Así que xa rematou e está aínda nas nubes despois do último capítulo...
Se vén por Ithaca recollerá un premio, concedido obviamente non por ver a serie.