Páxinas

2010/09/09

Meme dos 1001 posts de Kaplan


Esta será a entrada 858 da Selva de Esmelle, aínda así, dámoslle resposta con valentía ao meme dos 1001 posts de Kaplan.

Canto tempo levas como blogger?
Catro anos e tres meses.

Como te enteiraches da existencia dos blogues?
Creo que pola páxina Blogalego en 2006.

Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia.
Visito diariamente moitos, de feito, teño que actualizar a listaxe de blogs enlazados porque algúns que están xa non os sigo e sigo outros moitos que non están. Cinco que miro para empezar o día son: Robinson en Ithaca, Cinissimo, Outras lerias, A canción do náufrago, Territorio Vergara...

Es lector anónimo dalgún blogue?
Da inmensa maioría dos que leo.

Algúns autores que che acorden especial simpatía.
Lembro especialmente O pitiño e As túas balas.

Con que cinco bloggers irías de esmorga?
Con ningún.

Con que blogger pasarías unha noite de loucura sexual?
Ummm, esperen que penso.

Namorácheste algunha vez dalgún blogger?
Si.

Estás satisfeito co teu blogue?
Non, gustaríame que fose mellor.

Escolle entre 3 e 5 bloggers para que resposten estas preguntas nos seus blogs.
Non me gustaría citar a ninguén neste meme, que o siga quen queira, iso si, quen o faga que deixe noticia nos comentarios.

6 comentários:

susana moo disse...

De tódalas respostas, a máis interesante, a máis atractiva de todas elas é ese sí solitario.
Canto nos alegrarías a todos si abondaas un pouquichiño mais.

X disse...

Créollo, pero vai ser mellor deixar a cousa aí :)

Anônimo disse...

Que ben se sente un/unha cos deberes feitos. Non mo negue.
E unha cousa que me veu á cabeza cando facía no meme: lembra aquel Daniel Rambaut que nos lía e comentaba no pasado? Sabe algo del?

matrioska_verde disse...

a mín tamén tocoume o meme este, e fareino porque é curtiño e divertido.

chócame a resposta de que non te irías de esmorga con ninguén, paréceme raro, fíxate.

biquiños,

náufrago disse...

Moitísimas grazas. Síntome honrado e moi, moi feliz. Eu tamén son de visita diariaa ao teu blogue.

X disse...

Non, Kaplan, non sei nada del pero podemos intentalo.
Aldabra, iso suporía romper o anonimato.
De nada Náufrago.