Hai pouco estiven visitando un blog cheo de sereas (nereidas), non lembro como cheguei a el e non tiven a precaución de engadilo nos marcadores pero fíxome lembrar que nunca trouxera á Selva o doce canto das fermosas tentacións mariñas.
Edward Burn Jones: As profundidades do mar (1887). |
Cáenme ben as sereas, aínda que só sexa porque nacen dunha misoxinia evidente e dóeme ver como se condena a todas elas sen clemencia, como á Maruxaina de San Cibrao.
Ninguén pode contemplar a posibilidade de que algún mariño morrese feliz no seu sucumbir ao doce canto?
6 comentários:
Nunca contemplará eu as sereas desde unha perspectiva misoxina, senón máis ben como seres fermosos dos que se namoraban os mariños. Súmome á súa clemencia.
Poda que sexa unha pulsión misóxina pensar nas sereas. Agora que o dis...Aínda que no fondo non sei moi ben a quen carallo amola máis...
Unha amiga (aldabra) ten un blog
cheo de sereas mais igual non foi ese o que viches (haberá tantos!)
a min a imaxe da serea con medio corpo de peixe e medio de muller paréceme a representación mesma de quen non se atopa ben en ningures, dese ser que suspira por algo que non ten...
e ata se lles nega algo tan necesario coma o sexo
Xan, doulle a benvida á Selva.
A elas, Chousa, a elas!
Grazas Zeltia, foi ese mesmo.
Saúdos aos tres.
alédame que o meu blog te inspirase un post.
biquiños,
Grazas Aldabra, doulle a benvida á Selva.
Postar um comentário