Vía Robinson en Ithaca chegou á Selva un meme literario irresistible que contén preguntas tomadas de libros infantís dos de toda a vida, que, como moitas preguntas infantís aparentemente inocentes, ás veces toca fondo.
1. Frank L. Baum: O mago de Oz; o Espantallo a Dorothy: Pódese saber quen es e onde vas?
Son unha blogueira que ten o seu blog en estado de semi abandono e que leva xa bastante tempo que nin o dá posto ao día como é debido nin se atreve a cerralo porque cando vai pola vida exterior de vez en cando atopa cousas que só pode colocar na Selva.
2. Michael Ende: Momo; Momo aos nenos: E iso é divertido?
Jacek Yerka: The time breaker. |
Son unha blogueira que ten o seu blog en estado de semi abandono e que leva xa bastante tempo que nin o dá posto ao día como é debido nin se atreve a cerralo porque cando vai pola vida exterior de vez en cando atopa cousas que só pode colocar na Selva.
2. Michael Ende: Momo; Momo aos nenos: E iso é divertido?
Iso pode ser moi divertido.
3. Michael Ende: Momo; home gris a homes grises: Que é unha vida humana?
Algo ínfimo no tempo e no espazo, unha crueldade existencial, e aínda así, como di Kaplan, "Unha oportunidade única que algúns aproveitan e outros non".
4. Robert L. Stevenson: A illa do tesouro; John Silver a Jim: Cres que un morto está morto para sempre, ou cres que pode resucitar?
A razón lévame á finitude pero o meu egocentrismo négase a asumila.
5. Miquel Rayó: O tesouro do Capitán Nemo; Marisa ao protagonista: Que buscas?
Gustarche.
6. Astrid Lindgren: Pipi Calzaslargas; Tommy a Pippi: Que é o que non consentirías?
Que lle fagan dano a quen quero.
7. Lewis Carroll: Alicia no País das Maravillas; o Gato de Chesire a Alicia: Cáeche simpática a Raíña?
Cáenme simpáticas moitas outras raíñas máis importantes.
8.Lewis Carroll: Alicia no País das Maravillas; o rato a Alicia: Gústanche os cans?
Teño con eles unha relación extraña que vai desde a aversión a mesmo chegar a pensar en compartir a vida con un.
9. Daniel Nesquens: 17 contos e dous pingüíns; Marta a papá: Por que o oito vai despois do sete?
Porque o 8 é o mellor número, curvo e enrevesado, infinito, e deixou existir antes ao máxico 7 para aprender dos seus extraños poderes.
10. Roald Dahl: Matilda; Truchbull a Wilfres: Teño 8 cocos, 8 monos e 8 nenos. Cantos imbéciles teño en total?
Non o sei, pero probablemente bastantes, hainos por todas partes.
11. Roald Dahl: As bruxas; Neno á avoa: Atopaches algunha vez unha bruxa?
Si, de cando en vez aparece algunha pero fulmínoa da miña vida cos meus raios matabruxas, mágoa que ás veces non sirvan tamén para desfacer o mal que previamente fixeron.
12. James Barrie: Peter Pan; Peter aos nenos: Credes nas fadas?
Non e arrepíanme as tendas cheas de figuriñas, camisetas e cuncas horribles de fadas e trasnos.
13. James Barrie: Peter Pan; Wendy a Peter: Sabes o que é un bico?
Un bico é algo extraño que pode oscilar entre o maior dos noxos e a eternidade.
14. Michael Ende: Momo; Momo ao mestre Hora: Que é o tempo de verdade?
A nosa traxedia vital ou o que ti e mais eu temos pendente.
15. Henning Mankell: O can que corría cara a unha estrela; Joel a si mesmo: Ser adulto é isto, facer e dicir cousas que non entenden os nenos?
Ser adulto é asumir que xa non todo é posible.
16. Lewis Carroll: Alicia no país das Marabillas; Alicia a si mesma: De que serve un libro se non trae estampas nin diálogos?
Igual que serve a auga que non bebemos ou o aire que non atrapamos entre os dedos, pódennos dar pracer ao pasar. Un libro sérvelle en primeiro lugar a quen o escribe e logo sérvelle a quen o le aínda que só sexa polo pracer da lectura en si mesma por moito que non traia estampas nin diálogos.
2 comentários:
Ao meu lado cotilla encántanlle estes memes!
[Ao meu lado exhibicionista, tamén.- mais este, non sei polo qué, retraeme]
Alégrame que lle gustase o meme; encantoume a ilustración que escolleu para o seu. E ten toda a razón no das fadas: tamén eu odio ferozmente eses telderetes
Postar um comentário