Páxinas

2010/04/24

O que un é


"A vida é para facerse o que un é"

Cada vez me estou afeccionando máis a isto de me pasear polo YouTube, é certo que moitas veces un non fai outra cousa que perder o tempo, pero convértese nun xogo na procura do tesouro que me resulta divertido. Non me dirán que non ten mérito atopar algo interesante entre o googol de vídeos. 
Desta vez volvín dar con José Luis Sampedro, un escritor ao que me gusta ler e escoitar, e iso non é nada fácil. Non hai cousa peor que os escritor@s que se deleitan en intentar falar como no parágrafo quinto da páxina vinte da tese de doutoramento autoescoitándose dun xeito absurdo. U-la adaptación ao interlocutor? Tanto lles ten, el@s co seu discurso intelectualoide e para maior desgraza sempre rodeados dalgún babeco adulador ou aduladora. Por desgraza para a miña vea feminista, hei de recoñecer que cando a babeca é ela hai máis posibilidades de repugnancia estomacal pois en moitas das ocasións debemos engadir o factor "agarda, que se me caen as bragas" á morea de parvadas que saen pola súa boca. Tamén soe ser verdade que o grao de imbecilidade d@ que escribe resulta inversamente proporcional á calidade da súa obra, de tal xeito que @s máis mediocres creador@s rematan por ser tamén @s máis estúpid@s, o que nos leva a unha inaturable situación de "síntoo moito pero teño moita présa e hoxe non me podo parar".
Pero ao que iamos, que tamén hai blogueiras que comezan a dar rodeos e logo non saben onde van dar, nestes cinco minutiños de vídeo Sampedro dá unha lección de filosofía como quen dita a receita de como cocer un ovo, e demóstranos como el é a antítese daqueles dos que falabamos antes, resulta moi agradable de oír e ademais divertido e orixinal, velaí a súa análise da alma como produto económico.
En canto á frase entrecomiñada que hai debaixo do vídeo, pois ía escribir sobre ela e a cousa derivou noutra, pero a frase segue a ser boa, das de gardar.

5 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

José Luis é grande, incluso cando fala. O cal non se pode dicir de moita xente...Debo recoñecer que ás veces teño que darlle ó re-Play para seguirlle a onda da súa intelectualidade. Claro que eu, por máis que me chame igual, son infinitamente máis pequerrecho.

(O de "agarda, que se me caen as bragas" é unha frase xenial. Descontextualizándoa, incluso podía servir como epitafio intelixente. E gracioso).

Anônimo disse...

Dentro e fóra da blogosfera, a baballocaría é dunha magnitude cósmica, podo asegurarllo.
Alegría de vela a vde en combate.

Bandini disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Bandini disse...

Sampedro es un prodigio de vitalidad. un claro ejemplo de que la vida no tiene por qué matar.

salud

X disse...

Non sei Chousa, como epitafio como que non o acabo de ver moito :)

Sr. Kaplan, dáme mágoa que este combate ultimamente sempre quede para o final, pero ganas de seguir na guerra hainas eh!

Saúde, Bandini!

Saúdos aos tres e grazas polos seus comentarios.