Páxinas

2010/04/01

Non estou afeita a isto


Neste vídeo podemos ver ao meu estimado José Luis Sampedro falando da transformación sen volta atrás do sistema económico capitalista, unhas opinións moi interesantes vindo dun experto na materia. Pero este vídeo habitará a Selva non por falar de economía, senón por unha experiencia vital que relata a partir do minuto 7'57'' que di moito del, e aínda máis dela.

Vía Vigoblog.

2 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Escoitar ó Profesor Sampedro sempre resulta emocionante pola implicación oratoria que imprime no seu discurso. Fai que o que dí pareza tres veces certo (polo menos).
Ese recoñecemento final ó que ti aludes é a Emoción en estado puro. Chapeau por él.
(Ultimamente non estamos afeitos ás cousas que realmente pagan a pena, nin nos embarcamos en cascas de noz por case nada...)

zeltia disse...

Eu escoitara parte desta entrevista, a súa convicción de que este sistema comezou a rematar, por insostenible (mais é como o monstro das sete cabezas que se lle corta unha e reprodúcese)
Pero a parte ésta que tí señalas, a da súa experiencia no hospital coa enfermeira que o mantiña agarrado nese momento importantísimo en que se precisa alguén a quén agarrarse, ése non o coñecía: puxéronseme os peliños dos brazos de punta, e coa caloriña que vai!

así que "oposicións a corentona-de-libro"? qué che causa trastorno, o de corenta, ou o "de libro"?
Non pasamos media vida tentando recoñecernos nos mais?, pois "de-libro" mellor!