A Selva cumpre os tres anos, si, xa non é un bebé, e está preparada para ingresar en Primaria.
Con esta idade medra o interese e entusiasmo por tocar instrumentos como a pandeireta, o tambor... ben, gustar sempre lle gustou tocar instrumentos.
A esta altura a axilidade é tremenda e ao mellor mesmo recupera o ritmo de publicación.
E algunhas investigacións, que non todas ehhh, afirman que é un bo momento para que se inicie no ordenador, sempre hai cachibaches novos que probar.
E se se trata de probar iníciase a etapa fálica (neste caso vaxínica, non?), esa tan estupenda en que aprenderá a se proporcionar pracer de forma deliberada, aínda que desde o primeiro post a Selva sempre foi froito do ancestral pracer de botar fóra e dar con ollos que a len.
E, sobre todas as cousas, vai ser agora cando ademais de borranchos comece a facer debuxos figurativos ata o glorioso día en que por primeira vez consiga escribir o seu nome
AAA SSSSSSSSSSELLLLLLLLLLLLVA uffffff DE ESMMMMMEEEEE uffffff ESMEEEEEE ufffffff ESMMMMMMMEEEEELLLLLLLEE
17 comentários:
felicidades.
Parabéns, parabéns (é como se fose hai tres meses, e pasaron xa tres anos)
As papoulas, impresionantes.
hala, que maior!
Congratulations, X.
Y que esmelle mucho más :)
Con E.
Mua.
Noraboa X!!!!!!!!!
un fermoso fogar no que vir de visita :-)
Parabéns, logo !.
Moitísimas grazas, dá gusto saber que aínda que unha teña abandonadiña a Selva vós seguides por tempo que pase.
Bicos e apertas para tod@s.
parab3ns :-)
Parabéns, X. Non sei a cantos anos reais equivalen os anos que vai cumplindo un blog, pero eu teño a sensación de que se multiplican por n. 3 debe ser case maioría de idade.
Parabéns atrasados, X.
¡Mimá! ¡Tres! Pois que sexan os bicos e abrazos que lle mando.
Parabénssss...eu si que cheguei tarde!.Bico
Aínda máis tarde chegou eu, pero dá igual. Parabéns e bicos!!!
Que sexan outros tantos e moitos máis. Parabéns!
Moitos bicos, atrasadísimos.
Uissss cantísima xente, moitas, moitas, moitísimas grazas.
Postar um comentário