Páxinas

2009/06/14

Refresco


Que pracer comezar cos pés a crear tempestades de frescura na bañeira.
E logo aumentar o contacto ata introducirte toda no cadaleito branco.
E finalmente meter a cabeza e escoitar os sons distorsionados baixo a auga querendo experimentar aquilo que foi nun principio.
E abrir os ollos, e ver como se achega a túa figura deformada e asombra todo.
Percibir a túa repercusión no líquido quedo. E abrir.

8 comentários:

Torreira disse...

Con baños así...abaixo as duchas!!...bk

vakastolas disse...

Iso é a poética do "baño común" e a conexión íntima co principio da vida, o flashback obrigado para lembrar de onde vimos. Somos auga...

Ra disse...

Da casi tan buen rollo como la de Mr. Craig :P

Luís Galego disse...

refresquei-me com o teu post...um abraço

Mustafa Şenalp disse...

Çok güzel site.:)

Doutora Seymour disse...

Coma unha resurrección.

peke disse...

Que gustazo!

setesoles disse...

Prometo non contar o do cadaleito branco...(por non matar vocacións...) ;))
Refrescante.