Durante meses esta imaxe proclamou na Selva a denuncia contra o intento dos gobernos europeos de impoñer unha xornada laboral que viría reducir drasticamente o tempo de lecer dos traballadores e traballadoras condenándoos aínda máis a unha vida dedicada case en exclusiva ao mantemento dun sistema económico baseado no consumo desmesurado cunha repartición da riqueza absolutamente inxusta. Dentro deste contexto, alégrame gardar a imaxe porque, algo de sentidiño aínda queda, e esta semana o Parlameno europeo por maioría rexeitou esa reforma laboral.
3 comentários:
Brindemos pois polo sentidiño que ainda queda...bico señora de esmelle
AMÉN! Dende logo, se se chegase a aprobar, habería que declararse obxectores. O malo é que iso equivalería a ir para o paro, non?
Ben, triunfou o sentidiño, como ti dis.
Boas festas!
Saúdos e brindes para os dous.
Postar um comentário