Páxinas

2008/12/12

Un tipo xenial

Vía Calidonia chego a Un tipo xenial é un filme agradable, deses que mitifican os universos perdidos preindustriais, os grupos sociais pequenos rexidos pola harmonía dos tempos idos. Gustoume, mais que polo seu valor en si mesmo, polas lembranzas que me provocou doutros filmes que me resultaran máis pracenteiros.
Clasificación selvática: 6 (Veña, si, por haches, por bes ou por cetas, si).

2 comentários:

Calidonia disse...

Coincido claramente no de Calabuch (adoración!) e no tanto no de Babette, que sendo moi boa se me aproxima máis do mundo teatral que dunha película.

Acábaseme de ocorrer marcarme outra anotación de 'Cinema estival': Calabuch, Mediterráneo, O Carteiro de Neruda e...

X disse...

Pois anímese, anímese, que esa entrada ten moi boa pinta :)
Saúdos.