Despois de horas de asfalto, de autovías, autoestradas, estradas e rúas aturando a voz ridiculamente insoportable da rapariga do imposibleperderse, agasallo de nadal nunca desexado, e co coche tan cheo de cousas que só me faltaba colgar o bolso no espello retrovisor e soster o móbil entre os dentes, xorden pensamentos perigosos e acabo por pensar que o seguinte debería ser un coche máis grande. Si, un monovolume negro desa marca con nome de raíña española.
Xa hai novo tobo e grazas á prontitude da innomeable xa podo recuperar a conexión no medio de maletas e bolsas a medio recoller.
Este, o da foto, é o meu novo horizonte.
Xa hai novo tobo e grazas á prontitude da innomeable xa podo recuperar a conexión no medio de maletas e bolsas a medio recoller.
Este, o da foto, é o meu novo horizonte.
7 comentários:
Xa me gustaría saber por onde anda. Seguro que nunca se ha esquecer dese tempo por aí. Non sei nin de qué é o traballo nin que vai facer aló, pero vaino pasar de pm. Escríbanos de cando en vez, que xa sabe que queremos saber todo. Pero todo todo.
Eu si sei por onde andas, pero tamén quero sabelo todo todo. Xa contarás (se queres) :)
¡Esas nubes levan moitas cousas escritas, tantas como coas que vostede ten intención de deleitarnos dende ESE TREMENDO NOVO HORIZONTE ¡¡¡
Daniel ( Titulado de Grao en "Lectura de Nubes e Outros Elementos" )
Unha aperta
Daniel
se ve bien ese nuevo horizonte. mucha suerte en lo que emprendes.
Non sei de onde marchou nin sei por onde anda agora, pero ese horizonte é fermoso, e seguro que se un se pon pódese ver o mar dende alí. O mar sempre se ve dende todas partes, vai cosido na retina sen que un se decate.
Boa sorte. E conte, conte...
:-)
Gosto,gosto do seu horizonte.
Postar um comentário