Páxinas

2008/05/29

Aniversario e premio

[Fotografía de X]

Hoxe voulles falar dunha feliz coincidencia. Tal día coma hoxe de fai exactamente dous anos dei na rede co tobo do señor Kaplan de casualidade, o lugar común foi Ithaca, eu buscaba outra e fun dar á súa. Daquela só sabía que había algo chamado blog que comezaba a ter algunha xente desa que aparece nos papeis, e por suposto ignoraba por completo que existise algo chamado blogomillo.
O caso é que podo dicir que ese afortunado feito cambiou a miña vida, ou cando menos os hábitos e a forma de rexistrar os meus propios tempos vitais. A súa páxina converteuse nunha ponte perfecta para dar con moitas outras que se habían facer lugares de visita cotiá. Descubrín novas formas de información, en moitas ocasións o acceso directo ás fontes, tamén un xeito diferente de achegarme á vida cultural galega deste un punto de vista máis amplo.
Pero ademais de todo isto dei con moitas visións persoais de como a vida se nos pasa, que ao final, son as que con máis forza me reteñen neste medio porque me asombran e iso me fai pensar, e logo aprendo, e ese proceso de aprendizaxe é realmente cativador.
Como acontece nas relacións sentimentais longas, ás veces boto de menos a emoción daqueles tres primeiros días en que todo era novo, pero aquí sigo, e con poucas ganas de marchar.
O que desde logo eu non podía imaxinar daquela é que o autor da web que acababa de descubrir dous anos despois me concedese un premio, pero iso é xa outra historia.

8 comentários:

gatina disse...

Preciosa foto.

Me gustan las coincidencias y las casualidades.

Yo comencé en esto también de casualidad. Sabrás como fué pq fuiste testigo del nacimiento. Y uno de los incentivos para ello.

Yo me encontré con Ithaca y con la Selva de la misma forma. Saltando de blog en blog a través de los comentarios de un blog amigo.

Últimamente lo tengo un poco abandonado, pero tanto estos dos que he nombrado, como unos cuantos (pocos) más, estáis en mi lista de blogs diarios, concretamente en la carpeta de "blogalegos".

Me alegra que no tengas pensado dejarlo. Aunque a veces esa relacion de la que hablas necesite tomarse un poco de tiempo, luego las aguas vuelven a su cauce.

Enhorabuena por el premio. Lo mereces.

Un saludo.

oko disse...

parabéns polo premio!
marabilloso mundo dos blogues, cantas alegrías dan ;)

X disse...

Grazas ás dúas por estardes sempre aí lendo. Saúdos.

Kaplan disse...

si, non hai erro: 2 anos, e espero que vaian a máis
(ufff, que bochorno me fixo pasar!)

torredebabel disse...

Noraboa polo aniversario e desexolle moitos moitos anos mais. Gústame chegar a esta casa, mesmo cando fago as visitas sen tempo, nos pequenos momentos sen traballo, porque sempre atopo aquí fermosura e intelixencia. Por moitos anos mais!

Lúa disse...

que fermoso!!!! e dende logo xa pasou tempo, xa!!! bicos de novo

Doutora Seymour disse...

Parabéns X, xa sabe que esta selva súa é moi especial para a miña paciente e para min. A primeira mensaxe de benvida na nosa consulta foi súa, o virtual convertérase en real.
Bicos, moitos.

X disse...

Grazas aos catro, alégrome de que sigan paseando pola Selva ;-)