A revista Vanity Fair acaba de publicar un cartafol con once fotografías que reproduce con estrelas cinematográficas actuais unha serie de momentos icónicos dos filmes de Alfred Hitchcock. A web da publicación ademais tamén ofrece un pequeno vídeo onde se amosa como se realizaron algunhas das instantáneas. Déixolles aquí tres exemplos.
__________________
Das mans de Julian Broad volvemos a Rebeca, ao Manderley de Rebeca De Winter, onde vemos a segunda señora De Winter (daquela Joan Fontaine e agora Keira Knightley) e a súa terrorificamente fiel ama de chaves, Mrs. Danvers (noutrora Judith Anderson e para esta ocasión Jennifer Jason Leigh).


__________________
No filme A ventá indiscreta, Scarlett Johansson e Javier Bardem convértense en Jeff (James Stewart) e Lisa (Grace Kelly) grazas a Norman Jean Roy.


__________________
Art Streiber fai que George Kaplan (antes Cary Grant, agora Seth Rogen) fuxa de novo en North by Northwest.


8 comentários:
sen dúbida quedo cos clásicos, aínda que todos estean mortos.
Eu tamén.
Pois xa somos tres. A forza das imaxes fala por si mesma.
Boa recreación...
Unha aperta.
:)
si, a verdade é que un clásico é sempre un clásico... xD aínda así parécenme moi boas a recreacións.
Alégrome de que lles gustase. Saúdos a tod@s.
Que chulada! Onde se poden conseguir? Chego tarde seguro... Apertas!
Pois a verdade é que non teño nin idea, eu vino na versión dixital no link que hai no post. Saúdos.
Postar um comentário