Páxinas

2008/03/25

O meme das alegrías

Cando L.Q.B. tivo a ben convidarme a participar no seu orixinal meme sobre coñecementos bíblicos ou, dito doutro xeito, con que cinco blogueir@s farías alegrías durante unha noite toda, primeiro foi aquilo, máis tarde iso, para seguir con esta brincadeira que debeu ser ben mala. E o caso é que despois das santas xornadas a cousa acabou neste post que me resultou bastante divertido e que espero non ofenda os aludidos. Aí vai a miña listaxe dos 5 nomes, nesta ocasión candidatos, en orde alfabética:
Cabrafanada – entre outras cousas, por isto (sen máis comentarios).
Kaplan – polo cine, as palabras, Kavafis e o que subxace.
O Pitiño – polas súas piadas (aínda na ausencia).
Suso Bahamonde – porque o sexo sempre me pareceu unha forma interesante de baixar aos infernos.
Torreira – porque nunca tiven ocasión de probar o LK mentres, e teño a certeza de que sería unha moi agradable experiencia.
Non vou convidar a ninguén explicitamente a seguir este meme, xa que non está no meu ánimo violentar a ningún dos visitantes desta súa selva; agora ben, saiban todos e todas que quedan formalmente invitados a espallar este exercicio de fresco descaro.

12 comentários:

paideleo disse...

Que curioso. Eu pensaba que eras parella de Torreira na realidade.

X disse...

Morro de curiosidade por saber que o levou a pensar tal cousa :D

La queue bleue disse...

:D Oooohhhh! Que detalhazo! Estás ganhando o meu coraçom ;)
Alegro-me especialmente de que fosse divertido :D

E por outra parte, foda-se! Nom sabia eu que estava a ficar suuuuper famosa! :P Nah, é broma.
Mas a sério, graças por aceitar o convite :)

La queue bleue disse...

Ah, mui boa a imagem escolhida como ilustraçom, por certo! :D

Kaplan disse...

déame tempo, porfa, que ando cunha necrolóxica ás voltas (encántame a imaxe)

X disse...

A imaxe segue a liña da imaxe inicial do meme posta por L.Q.B.
Kaplan, doulle tempo.Saúdos aos dous.

From Hell disse...

Unha honra estar na súa alegría... señorita...
O inferno sempre está quente.
saúde

X disse...

Moi boa resposta :D

Torreira disse...

Parafraseando a Rivas señora de esmelle, non podo facer as duas cousas ao mesmo tempo (tomar LK e...).Arrincoume un sorriso.Obrigado por sacarme a bailar.Bicos
Pd:Paideleo (bemquerido)...non se me vaia pola crónica rosa do blogomillo que X mais este servidor non venderon ainda ningunha exclusiva.Apertas

Doutora Seymour disse...

E logo, atópase mellor?

Fran Alonso disse...

A pesar do seu deplorable aspecto, Cabrafanada revive en cada alegría. Todo un pracer, miss esmelle. E que sexan moitas máis.

X disse...

Aos dous aludidos, grazas polo humor.
Á doutora, si, grazas, algo mellor.