Páxinas

2008/02/14

Césare

Ás veces nisto da rede perdemos a consciencia da presenza. Teño por costume dar a benvida a aqueles que deixan comentario por primeira vez na Selva, e foi o caso que xa hai case un mes Césare tivo a ben deixar unhas palabriñas súas neste recuncho. Eu, afeita a lelo, non reparei en que desta volta as súas palabras non proviñan de As túas balas e non me decatei ata hoxe. Césare é un deses amigos invisibles aos que coñecín mesmo antes de existir X. Por obra e graza dun Robinson, nun fondo verde que daquela decoraba Ithaca, achei o link ao seu blog e desde aquela me gusta pasear por el sabendo das súas distancias, visitas, retornos e ferretes aínda que ás veces teñan pouso amargo. E dito isto non quero eu facerlle o feo.
Doulle a benvida á Selva, señor Césare.

2 comentários:

torredebabel disse...

pois benvido sexa aquí! da gusto pasear por unha casa na que sempre somos benvidos, sempre atopamos refuxio, un alento para a lectura e sobre todo agarimo e unha aperta. Da gusto vir por aquí! Graciñas!!

X disse...

Alégrame que o sinta así pois é así como me gustaría que fose.