Páxinas

2007/12/09

Problema matemático

(Marco o 091)
Ao outro lado - Boas noites, 091, dígame.
Eu - Boas noites, mire chamo desde XXX e necesito...
Ao outro lado - Mire, é que este é o número da policía de YYY, tería que chamar á policía de XXX.
Eu - Ah, desculpe, non o sabía, podería darme o teléfono da policía de XXX.
Ao outro lado - Pois agora mesmo non o teño pero mire por aí se pasa alguén que llo han de saber dicir.
Eu - Grazas e boas noites.
Ao outro lado - De nada, boas noites.

(Marco o 112)
Ao outro lado - Boas noites, urxencias Galicia.
Eu - Boas noites, poderían darme o teléfono da policía de XXX.
Ao outro lado - Si, ten para tomar nota? ...
  • Calcula en forma de potencia a paciencia de Eu tendo en conta que XXX é unha localidade pertencente á área metropolitana de YYY.
[Fotografía de visualpanic]

8 comentários:

fisiologus disse...

hay tantas de estas! saludos.

Anônimo disse...

espero que vde non tentase evitar que lle entrasen na casa! :-)

X disse...

Ao revés, quería entrar na casa.
Saúdos aos dous, canto tempo sen velos xuntos ;-)

Anônimo disse...

Incoherencias a feixes hainas por xalundes.

azathioprina disse...

¿é non era máis doado chamar a un cerralleiro?... Estas mulleres sempre compricándoo todo, ainssss....
;-)

X disse...

Azathioprina, por favor, non ofenda a miña intelixencia nin o meu xénero, se precisase un cerralleiro non chamaría a policía.

Raposo disse...

Cousas veredes.... neste caso oiredes.

Anônimo disse...

hala, xa teñen habilitado o chisme ese, logo non digan!