A dilixencia trouxo a noticia, estaba acampado a dous días a cabalo de aquí. Ninguén cría que volvería despois de lle meter aqueles catro chumbos no corpo ao sherif, aínda que ninguén chorara a morte daquel fillo de puta era o representante da lei.
Trae o po do deserto nas botas e a lenda no seu Colt 45.
No saloon Rick xa puxo o vaso na barra.
As fulanas agardámolo sentadas ao carón do piano de Clark coas medias novas.
Os fulanos xogan ao poker para tomar whisky.
Mentres o novo sherif prepara o seu revólver e reza crendo que a conta atrás para el xa comezou.
Welcome home from hell.
8 comentários:
por un momento pensei que marcial lafuente estefania era do blogomillo :-(
(por certo: who is suso bahamonde? non cantaba a celso emilio once upon a time?
(perdón: é wellcome home. vde desculpe ;-()
Buscando un pueblo de Ferrol llamado Esmelle, me dí de bruces icon este magnífico blog. Me ha entretenido mucho.Gracias por la información. Yo, también hago mis pinitos en: chalolomba.blogspot.com/
Mi nombre es Gonzalo y os lo envío como "anónimo" porque si no, para mi, al menos, es un coñazo.
Señor Kaplan as correccións sempre sempre sempre se agradecen na Selva de Esmelle.
En canto ao outro, ao de marcial lafuente estefania :P
Gonzalo, moitas grazas e benvido á Selva de Esmelle.
Vexo que lle gustan os ceos e as flores, volverei polo seu blog.
Saúdos.
esa química entre Kaplan e vostede...
dá moito que desconfiar....
O de antes era Clint, por se nos atopamos nalgún Saloon entre whiskey e ou balas
Clint remitiríao a aquilo que sostiña Demófilo de que o que desconfía de todos é digno de que ninguén se fíe del, porque o home aprende no seu corazón o engano e mide polos seus os pensamentos alleos, pero prefiro dicirlle que máis que de química habería que falar de física, xa sabe, vasos comunicantes e esas cousas.
Saúdos cordiais entre o alcol e as balas.
:-)
Postar um comentário