Páxinas

2007/07/12

Iniciativa gobernamental exemplar

O goberno de Lula acaba de facer pública unha listaxe con aquelas persoas físicas e xurídicas que foron procesadas por empregar traballadores en condicións precarias. Os procesados quedan imposibilitados para obteren préstamos en bancos oficiais do goberno.
Ao mesmo tempo asistimos a un conflito dos traballadores da provincia da Coruña cos hostaleiros que pretenden contratar a 3.000 inmigrantes para cubrir postos de traballo na temporada estival porque os traballadores galegos non queren aceptar as condicións de traballo en precario que lles ofrecen:
-Salario mensual bruto de 800 euros, que quedaría entre 700 e 770 euros ao mes coas retencións.
-Para chegar aos 1.500 euros dos que fala a patronal, as traballadoras/es do sector terían que facer arredor de 70 horas extra ao mes (o tope legal está fixado en 80 horas extra ao ano).
-Isto tendo en conta que a hora extra se pagase segundo o convenio a 10 euros, porque o normal é que nin se paguen.

Vía Chuza, vía 20 Minutos, vía Vieiros.

5 comentários:

paideleo disse...

Aquí é mui típico contratar por catro horas, cobrar oito e traballar doce.

moucho branco disse...

uf!, coa hostelería topamos!.... pánico!!

Moralla disse...

-Bravo Esmelle por facer público na rede un post-denuncia coma este.
*Apertas
-É necesario nos tempos que corren que cada un proteste ao seu xeito polo que realmente é necesario

X disse...

Paideleo, non se pode describir tan b en a situación en menos palabras.
Mouchiño, vostede ben o sabe, non si?
Grazas MO, sempre aí, animando.

Torreira disse...

O trunfo da globalización que rixe baixo un principio...se alguén no quere a merda sempre existiran ducias de persoas que a tomen por necesidade vital (ou por falta de compromiso colectivo).Bico