Páxinas

2007/07/15

A adversidade, o valor e a fraqueza

"[...] lía, sobre todo, vidas de mulleres.
Camille Claudel,






















Colette,













Georgia O'Keefe,













Karen Blixen








ou Virginia Woolf














[...] aprendéronme que a adversidade é unha circunstancia, o valor, unha virtude que sempre podemos espertar do seu letargo e a fraqueza, un aspecto máis da existencia, doada de contrarrestar se se desexa de verdade."

Aprendendo de Peke.

7 comentários:

Anônimo disse...

Carafio! Cando vin o principio do post, pensei: X e mais eu temos moito en común. En fin, rescataches un post ben antigo. Grazas! Síntome moi honrada, de verdade. Ademais, conseguiches espertar en min algo, algo que estaba adurmiñado. Grazas de novo. :)

Anônimo disse...

Bravo para ás dúas!!

torredebabel disse...

pois si, bravo polas dúas e polas nomeadas: lúcidas, fortes na sua debilidade e febles na sua forza, e sobre todo valentes.

Anônimo disse...

Hai moitas mulleres, e tamén homes, non necesariamente famosos que, nos seus adentros, sen necesidade de amosalo, porque non o precisan, e lles chega coa sua felicidade interior, tamén posúen esas características. De todos os xeitos este post é precioso e os comentarios tamén. A felicidade e a valentía cun mesmo é o primeiro paso.

Yoli :-)

Anônimo disse...

Non só a verdade tan certa que dis é evocadora, tamén as fotos, que son poéticas, ferven calma, silencio, beleza interior, talento, FORZA

Anônimo disse...

MOITOS "ALOITADORES" que non loitan a fin de contas (só falan blablabla) deberían aprender de mulleres así.
Porque defender o medo e a covardía DUN falando dos demais é perder a dignidade propia.
Estas mulleres, fixeron todo limpamente, por elas mesmas, como hai moitas (in)visibles que tamén o fixeron, o fan e o farán no día a día, custe o que lles custe, e refírome sobre todo ás marxinadas de toda índole

X disse...

Grazas polos comentarios.