Páxinas

2006/12/31

Beixos

Este post leva dous meses gardado como borrador agardando este día para se converter no meu agasallo de fin de ano para vostedes, para todos os que me teñen acompañado desde que fai sete meses principiara a aventura deste blog e para os que sigo desde hai tempo.
O meu presente hoxe é a visión dun dos fragmentos de cine máis queridos para min, pertencente ao filme Nuovo Cinema Paradiso. Trátase dun fermoso agasallo, que o rapaz Toto, xa convertido nun Salvatore adulto, recibe como herdanza do seu amigo Fredo (Alfredo). Consiste nunha montaxe dos bicos e imaxes censuradas que Fredo fora gardando ao longo dos anos e que recibe agora cando o seu amigo está morto, e todo isto na atmosfera da belísima banda sonora de Ennio Morricone e Andrea Morricone.
Deséxolles un novo ano cheo de furacáns, tormentas e brisas de beixos.
Sempre súa.
X

14 comentarios:

cambote dixo...

Bo agasallo.
(Teño que vela peli, que aínda non a vin)

Feliz 2007!

Anónimo dixo...

Moitas grazas por tan fermoso agasallo!
Furacáns, tormentas e brisas de bicos!
Bo ano!

Anónimo dixo...

Feliz Ano a vostede tamén!

Grazas por agasallarnos con esta fermosa e doce historia.

Mrs. Doyle

Anónimo dixo...

Feliz 2007 X de parte dos tres, bonito agasallo, é unha escea inolvidable.

Anónimo dixo...

Beixos, roubados ou censurados. E compartidos. Beixos tamén para vostede, preferiblemente musicados por Morricone. Feliz entrada de ano!

Marinha de Allegue dixo...

Fermoso presente. Grato pracer a túa compaña.
F E L I Z 2007!!!.

Unha aperta e un beijo enormes.
:)

nhusko dixo...

gran 07, tamén para X

David dixo...

Eu tampouco vin a película, mais é un moi bonito agasallo para rematar o ano, hehehe... Feliz 2007!! :D

La queue bleue dixo...

Felizérrimo ano para ti também, linda!
Um abraço/feixe de bons, melhores e óptimos desejos. :)

moucho branco dixo...

Vin esa película varias veces e encántame, a mellor película italiana dos 80´

xenial felicitación. :)

feliz ano!

oko dixo...

feliz ano, x!!! gracias polo agasallo!!!

RAIKO dixo...

Feliz Año Nuevo

Ra dixo...

Imposible imaginar un regalo tan original!
Buen año.

X dixo...

Saúdos a tod@s e quérolle dar especialmente a benvida ao blog a fror de toxo (e os seus acompañantes) e a menina.alfama, celebro que lles gustase o agasallo.